9 Xaneiro, 2013
No Galicia por Diante desta mañá Kiko Novoa e Paco Lodeiro dedicaron unha hora a falar dos smartphones co gallo do 6º aniversario da presentación o iPhone (aínda que tardou ano e medio en chegar a España, xa que por aquí non cheiramos oficialmente a primeira xeración do móbil de Apple).
Como aplicacións prácticas, na liña das que usan o flash e a pantalla como lanterna, tamén destacaría as que aproveitan a cámara como lupa de aumento. E tamén teñen o seu aquel os lectores de códigos de barras e recoñecedores de imaxes, que poden localizar discos, libros e moitos outros produtos para saber detalles como o seu prezo (moi útil cando vas de compras e queres saber se unha oferta é tal, aínda que en España ten unha utilidade algo limitada).
Debe estar conectado para enviar un comentario.