Travolta e Olivia Newton-John xuntos de novo

34 anos despois de que Danny Zuko e Sandy Olsson coincidisen na pantalla grande na película Grease, converténdose en todo un fenómeno que lembro que se recuperara parcialmente en...

34 anos despois de que Danny Zuko e Sandy Olsson coincidisen na pantalla grande na película Grease, converténdose en todo un fenómeno que lembro que se recuperara parcialmente en 1991, cando o álbum coas cancións da película saíu nun dobre CD (o que aproveitou Televisión Española para programar a película con bastante éxito), estes personaxes volven xuntarse nun vídeo musical, ou iso parece. Trátase do tema I Think You Might Like It, interpretado por John Travolta e Olivia Newton-John e escrito por John Farrar, autor da popular You’re the One That I Want (“Nivea solaaar”), ou sexa, unha canción moi Grease, incluída no disco con cancións de Nadal This Christmas da mencionada parella cinematográfica.

Non sei se recoñecer a canción como un grande tema nostálxico ou como unha peza arrepiante, pois desconcértame ver a xente bailando en plan Coyote Dax nunha ñoña canción de Nadal. Xulgade vós mesmos:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS