Megatrón, ¿qué fixeron contigo?

Acabo de levar un susto enorme… unha grande decepción… pois vin que a imaxe que tiña na memoria do malvado da serie de televisión (e de comics) dos Transformers,...

Acabo de levar un susto enorme… unha grande decepción… pois vin que a imaxe que tiña na memoria do malvado da serie de televisión (e de comics) dos Transformers, Megatrón, non conservará o seu aspecto orixinal na película que se estreará o vindeiro ano. Podémonos esquecer do Megatrón tradicional:
Deseño orixinal de Megatron

Agora, os deseñadores da película pasan do robot antropomórfico que se podía transformar nunha pistola xigante (algo que tiña sentido na súa versión en xoguete, pois así servía para xogar ós robots e ós vaqueiros) e preparan un robot que se transforma nun jet voador ó máis puro estilo Terminator 3:
Deseño de Megatrón para  a película dos Transformers

Tamén podemos ver que o deseño facial cambiou radicalmente:
Detalle da cara do novo deseño de Megatrón

Agora non teño nada claro se está inspirado nun alieníxena, nun deseño de H. R. Giger ou no personaxe do Predicador que respondía ó nome de Caracú. ¿Qué lle fixeron os Decepticons ós deseñadores da película para que os cambiaran tanto? ¿Tan ridículo quedaba que un robot se convertise en pistola ou en radiocassette? ¿Ou é que para modernizar os deseños o radiocassette tiña que substituírse por un iPod (¡ai, non! ¡que iso xa o fixeron en Scary Movie 4!). Vaia se non van a respectar para nada o deseño dos robots logo o que me pregunto é, ¿por qué pagaron pola franquicia dos Transformers? ¡Porque para facer unha película de extraterrestres monstrosos que invaden a Terra non lle tiñan que pagar dereitos de autor a ninguén!

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • San Diego Comic-Con, tráilers a mogollón

    Unha ano máis a Comic-Con de San Diego confirmou que xa non é un evento centrado na banda deseñada, senón na industria do lecer en xeral, de xeito que...
  • Unha semana para Wonder Woman

    A primeiros de mes estreouse nunha chea de países o filme de Wonder Woman, polo que levo moitos meses esperando con ilusión, principalmente para poder comprobar se queda esperanza...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...
  • Supergirl promociona o filme de Wonder Woman

    A pasada noite a serie de televisión de Supergirl despediu a súa segunda tempada, e aproveitaron a ocasión para facer publicidade do novo filme de Wonder Woman protagonizado por...