2 Decembro, 2012
A través de Mashable entérome que a xente de Glee vén de versionar o Gangnam Style, no que non queda claro si é un punto de non retorno para Glee, para o Gangnam Style ou para ambos. Temo que a reflexión é bastante atinada, e para min é a peor versión que se fixo ata o momento da canción (e mirade que teño escoitado moitas). Despois de cousas como esta, supoño que o temazo de PSY comezará a perder pulo, e cada vez vexamos pezas audiovisuais menos inspiradas e orixinais, pois a vaca xa non pode dar máis leite. Coido que só resta que no típico disco de Nadal dos Pitufos Makineros adapten a canción… ¡se non o fixeron xa!