29 Novembro, 2012
O lanzamento británico da última película de Spider-Man en Blu-ray 3D, Blu-ray e DVD está a promocionarse dun xeito bastante atinado: cun vídeo de Peter Parkour vestido coas cores do trepamuros dando chimpos pola cidade para facer de Spider-Man londiniense.
A peza gravouse utilizando cámaras moi habituais nas producións de vídeo en alta definición como cámaras Canon EOS 5D Mark II e EOS 7D, acompañadas por algunhas tomas (as que usan lente grande angular) feitas cunha GoPro HD Hero2. O resultado está aí, e sorprende ver o que pode chegar a facerse sen efectos especiais e cunha boa realización.
Debe estar conectado para enviar un comentario.