Nos EE.UU. venden un curioso ordenador portátil de madeira, que realmente é un dobre encerado que onde debería ter un trackpad conta cun espazo para gardar o xiz. O iWood é unha auténtica frikada que pode servir de agasallo para cativos que gusten de dar a nota, e aínda que nos EE.UU. custa 59,99 dólares (45,91 euros ao cambio) dende España pode conseguirse grazas a que o venden por 31,07 libras esterlinas (40,20 euros) no Amazon británico, de xeito que temos portes de balde a España. Vaia, que resulta que esta curiosidade é de fabricación xermana (en Alemaña véndeno por 31 euros), de aí que por unha vez poidamos adquirir algo así a mellor prezo que ao outro lado do Atlántico.
Para rematar a xogada, en Alemaña tamén teñen á venda o I-Woody… ¡un iPhone de madeira! ¡Non digades que non dou ideas para agasallos de Nadal frikis!
20 Novembro, 2012
Debe estar conectado para enviar un comentario.