Melindres do Estilo en Pantori.es

Moitas son as tendas que aproveitan como reclamo para as súas ofertas o atractivo da escaseza, que tanto pode ser en unidades como en tempo, e nesta última liña...

Moitas son as tendas que aproveitan como reclamo para as súas ofertas o atractivo da escaseza, que tanto pode ser en unidades como en tempo, e nesta última liña Pantori, a despensa do lambón ofrece produtos alimenticios durante 24 horas, cun prezo que inclúe o seu envío a toda a Península Ibérica, animando ao público a probar embutidos, pan, conservas, viños, marmeladas, patés, anchoas e moitos outros produtos dignos do padal dos máis esixentes gourmets, que nas últimas horas ofrece os deliciosos Melindres de Melide.

A xente que viva en calquera lugar da península, por 11 euros, poderá adquirir unha caixa de medio quilo dos melindres do Estilo, de xeito que non hai por qué pasar por Melide para probar esta delicia. Esta oferta só ten un problema moi grande: que remata mañá ás 8 da mañá.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS