Cando John Elerick, Will Stephens, Roger Roth e Travon Free xúntanse para levar á vida unha parodia pensad por Elerick para facer burla dos anuncios de Apple poucos podían agardar que conseguirían facer unha sátira tan atinada.
[content_right title=”Jonny Five, Senior Vice President Design”][pullquote]iPad mini is now the
future until May[/pullquote][/content_right]No vídeo souberon captar o cristo que se está a converter a actual gama de produtos de Apple, que comezou a enrarecerse cando decidiron chamar novo iPad ao iPad 3, e agora que hai un iPad catro que segue a chamarse novo iPad e tamén temos un iPad mini, ¿esperan que o público non se perda entre tanto lío? Porque chamar vello novo iPad ao iPad 3 é un lío de carallo (aproveito para avisar de que hai moitas tendas en liña liquidándoo, sen deixar claro que é o dispositivo vello), pero explicar as diferenzas entre o iPad mini e o resto de iPad aparte do tamaño tamén ten o seu aquel.
Eu estou impaciente por que Apple lance o cativo iPad nano, e que sorprenda logo co iPad shuffle… ¡sen pantalla! [icon icon=”0034.png”][/icon]
Debe estar conectado para enviar un comentario.