Sinto unha perturbación na Forza: Disney merca Lucasfilm

Hoxe é un día moi escuro nunha galaxia moi, moi afastada, pois Lucasfilm vén de anunciar que chegou a un acordo coa Disney para a súa venda, o que...

Hoxe é un día moi escuro nunha galaxia moi, moi afastada, pois Lucasfilm vén de anunciar que chegou a un acordo coa Disney para a súa venda, o que que terá como consecuencia inicial o desenvolvemento dunha nova triloxía galáctica que botará a andar en 2015.

Entendo que George Lucas xa non teña ilusión por seguir a dar voltas á franquía que creou, e que prefire pasar o resto dos seus días bañándose nunha piscina como a do tío Gilito, pero que o control de Star Wars pase a mans da Disney podería indicar que no Episodio VII imos ter máis Jar Jar Binks, máis Ewoks e, en definitiva, máis do que menos gusta aos afeccionados tradicionais.

Espero errar, pois se poñen á fronte da compañía a alguén cunha boa visión, poderiamos ter moitas décadas de diversión ao redor dun universo que conseguiu manter o interese do público durante 35 anos.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS