Dende que Amazon.es está dispoñible en España é doado acceder a un impresionante catálogo de películas en DVD e Blu-ray que, grazas ás importacións de distintos países, conseguen ofertas que poden parecer imposibles, normalmente doados de localizar a través da listaxe das películas máis vendidas.
Por exemplo, o lote que inclúe as 5 películas de Superman en Blu-ray xunto coas edicións do director das 2 primeiras e contidos adicionais (un total de 8 discos) sae por 20,90 euros. E si, os comentarios do produto aseguran que inclúen a pista sonora en español. Pero quería comentar este tema polo feito de que non todas as películas teñen un bo prezo en España, polo que pode ser unha boa opción pasarse pola tenda de Amazon en Reino Unido, aproveitando a páxina web Blu-ray.com para comprobar os detalles das edicións (para ver se son as mesmas que se venden en España) e así podemos atopar a saga completa de Harry Potter en Blu-ray por 28 libras esterlinas, que con portes e todo sairía en 36 euros, bastante menos dos 63,50 euros que custaría en España.
O mesmo exercicio podemos facelo con moitas outros filmes, atopando gangas incribles, con películas recentes en Blu-ray a un prezo menor do que custaba vela no cine, e incluso con películas en Blu-ray 3D+2D a prezos moi axustados (a edición italiana de Green Lantern sae en 12,26 euros e a última peli 3D de Conan a só 8,69 euros, o que agradecerán os que teñan unha flamante pantalla 3D no salón).
Que as películas en Blu-ray podan mercarse xa a prezos tan atractivos parece ser o sinal de que os soportes físicos están a morrer inevitablemente, e que o único xeito que teñen de loitar contra as descargas e o vídeo baixo demanda é con ofertas que os coleccionistas non poidan rexeitar, e que incluso os leven a recomprar películas que teñen en DVD no formato de alta definición.
Debe estar conectado para enviar un comentario.