De cara ao seguimento da xornada electoral do domingo quixera recomendar aos usuarios de iPhone e iPod Touch que instalarán a aplicación Eleccións GALICIA desenvolvida por Bahía Software e El Correo Gallego, que permite consultar os datos dos comicios de 2005 e 2009, así como o seguimento do escrutinio da consulta actual.
Esta ferramenta permite tanto ver os resultados xerais como consultar a información vila a vila, o que resulta moi práctico na noite electoral, xa que é máis áxil premer o botón de actualizar o resultado da nosa vila que agardar a que apareza o seu nome na banda inferior dos especiais informativos que boten polas televisións.
Para quen non teña un dispositivo móbil de Apple, tamén é posible realizar a consulta do escrutinio directamente dende unha páxina web da Xunta de Galicia na que ofrece a información actualizada en tempo real, á vez que tamén é de agardar que a práctica totalidade dos medios de comunicación xeralistas desenvolvan especiais durante a noite do domingo para ter aos seus lectores informados ao minuto.
Debe estar conectado para enviar un comentario.