Hi-Call: a frikada tecnolóxica do inverno

Nos últimos días comentei en varios programas de radio as curiosas luvas hi-Call que descubrín en Microsiervos, e que poden ser un dos agasallos estrela para o Nadal pola...

Nos últimos días comentei en varios programas de radio as curiosas luvas hi-Call que descubrín en Microsiervos, e que poden ser un dos agasallos estrela para o Nadal pola súa curiosidade; pero iso non o digo por dicir, senón porque xa recibín varias consultar a través de correo electrónico e redes sociais para preguntar onde podían atopar “as luvas que comentei o outro día na radio”, de aí que véxame na obriga de comentalo por aquí.

¿Que é o que teñen de especial estas luvas? Pois aparte de que custan 49,99 euros, destacan por facilitar o uso de pantallas táctiles capacitivas sen pasar frío (vaia, que serven para manexar o smartphone) e nos seus dedos polgar e meniño integran un auricular e un micrófono respectivamente para poder falar por teléfono a través de Bluetooth. Vaia, que sería unha solución de mans libres… ¡que non deixa as mans libres! ¿Teriamos que chamarlle entón sistema Bluetooth de mans quentes?

As luvas xa poden encargarse, e comezarán a enviarse aos compradores o vindeiro día 27, e por se desconfiades de que son de broma, podedes ver un vídeo que publican os de Engadget, que probaron as hi-Call en vivo:

Xa o dicía Góngora: “Hable yo caliente y ríase la gente”. 😀

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...