Con los terroristas… do the Harlem Shake

Durante a última semana está a coller moita relevancia un novo meme na Internet coñecido com Harlem Shake que era o nome dun baile dos anos 80 que fíxose...

Durante a última semana está a coller moita relevancia un novo meme na Internet coñecido com Harlem Shake que era o nome dun baile dos anos 80 que fíxose popular en 2001 a partir do vídeo Let’s Get It de G. Dep:

Pero non foi por esa canción pola que está a arrasar, senón por un tema que leva por título Harlem Shake do DJ Baauer, que pode descargarse de balde dende o pasado mes de maio, e que serviu de base para unha nova tendencia na Rede: gravar un vídeo nos que pode verse a unha persoa bailando espasmodicamente mentres outras pasan de todo durante 15 segundos tras os que se escoita un do the Harlem Shake que é o detonante de 15 segundos máis con todos os participantes facendo o tolo. O concepto é tan básico e sinxelo como podemos ver nalgúns dos vídeos recompilados a continuación:

E a cousa está a chegar a tal nivel que dende YouTube xa o comentan no seu blog e asegurando que o pasado venres o fenómeno cuns 40.000 vídeos superara os 175 millóns de reproducións.
Tamén está a causar furor a versión do ejército norouego:

Non falta unha versión galega (con cameo de Son Goku incluído):

Aínda que na miña

casa a que trunfou absolutamente foi a protagonizada por bichóns boloñeses:

¿Conseguirá este novo fenómeno superar a Call Me Maybe e ao Gangnam Style? Todo apunta a que si, simplemente por basearse en pezas moi breves (30 segundos), que non precisan de grande esforzo, e que poden servir para botar unhas risas aínda que non saibamos nin o que é o Harlem Shake nin a que ven iso dos terroristas. ¡A menear o corpo!

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS