7 Outubro, 2012
Ninguén dubida hoxe en día do éxito de Instagram como xeito de retratar a realidade coa cámara do móbil, pero grazas a iso xorde unha alternativa aínda máis creativa, que resulta especialmente rechamante: Cinemagram.
Esta divertida ferramenta permite captar en vídeo 2 ou 3 segundos, animar só unha parte do rexistrado e conseguir así unha especie de fotografía viva á que aplicar filtros tipo Instagram, con resultados que poden ser tanto fermosos como desternillantes:
Non sei se isto dos cinemagramas chegará para quedarse, pero polo momento serve para botar unhas risas e ver a imaxinación que teñen algúns á hora de rexistrar secuencias cotiás dun xeito orixinal.
Debe estar conectado para enviar un comentario.