Nas últimas semanas publiquei varios vídeos musicais que estaban a parodiar o tema Call Me Maybe, que era o que estaba a arrasar en YouTube, pero este éxito de Carly Rae Japsen vén de ser destronado por un cantante coreano chamado PSY, e o seu temazo Gangnam Style:
Non con un entendido da música coreana, pero escoitando a canción de PSY e vendo o ridículo que é o seu vídeo musical só podo dicir que ¡é xenial!
O máis curioso é que cheguei a saber desta canción por unha parodia que sospeito que sería moi do gusto do decano Pelton que sae na serie Community:
A canción orixinal xa superou os 76 millóns de reproducións en YouTube e ten varios centos de parodias. Vese que agora é cada vez máis doado que un contido acade viralidade, porque estamos máis conectados (tanto coa Internet como entre nós) e a xente perdou o pudor de producir contidos para YouTube, aínda que sexa só para pasalo ben.