O peche de Megaupload.com na CRTVG

O peche de Megaupload, Megavideo e servizos asociados (polo momento Megatrón e MegaMan están a salvo), como era previsto, converteuse en tema a abordar por moitos medios de comunicación,...

O peche de Megaupload, Megavideo e servizos asociados (polo momento Megatrón e MegaMan están a salvo), como era previsto, converteuse en tema a abordar por moitos medios de comunicación, especialmente pola popularidade desta plataforma de compartición de ficheiros en España. Na TVG tamén fixeron referencia ao asunto no Telexornal:

Aínda que eu gocei máis da explicación desta nova para A Tarde da Radio Galega, onde o pasamos ben comentando algunhas curiosidades sobre un acontecemento que non fixo máis que comezar, e que podería ter repercursións considerables:

Incautación dos coches do fundador de Megaupload
Unha das cousas máis curiosas foi a incautación dos coches (¡ese Cadillac rosa!) do fundador de Megaupload, un personaxe que é unha boa peza, e aínda que externamenta o servizo de Megaupload non parece comenter ningunha ilegalidade (xa intentaron ir contra el xudicialmente en múltiples ocasións, sen éxito), as autoridades norteamericanas aseguran ter evidencias de que dende a compañía estaban a promover activamente a distribución de contidos que vulneraban os dereitos de propiedade intelectual. Terán que probalo, pero a min, de momento, paréceme que os EE.UU. están a estender a súa xurisdicción á Internet, como se a Rede fose deles, o que é un precedente moi perigoso.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS