Esta tarde no Pub Dublín en A Coruña concertouse un encontro a través de Twitter baixo o hashtag #BloggersCoruna para mirar de organizar algún tipo de evento blogueiro na cidade, e para vernos as caras uns cantos: Iván Louzán, Israel Nava, Víctor Lamela (de Coruña Online), Fran Muíños, Jesús Porto (do blog Barrio do Castrillón), Mónica Lozano, Patrick Berry (a quen pronto veremos no TEDxGalicia) e un servidor.
Iso si, algún dos presentes tiña certa insistencia na presenza de cervexa en futuras xuntanzas 😀
Despois de moitos intercambios de opinións, ideas e experiencias, chegouse á conclusión de repetir xuntanzas semellantes de xeito mensual en locais diferentes, comezando o martes 10 de xaneiro de 2012. Segundo vaian evolucionando estes encontros é posible que remate organizándose un evento anual na cidade, pois parece existir certo interese no asunto, polo que parece claro que #BloggerCoruña vai continuar a súa actividade durante un bo tempo.
Como curiosidade, ao saír do Dublín, atopamos unha curiosa escena:
Un coche tivo un percance na rúa da Cordonería, e montouse un atasco monumental (no momento de tirar a fotografía había 2 autobuses urbanos involucrados) mentres cambiaban a roda do vehículo. ¡Que mellor desculpa para exercer de blogueiro esta noite! 😉