Hoxé é o día T: Comeza Turkía en Localia Coruña

Hoxe dan comezo as emisións do novo magazine nocturno de Localia Coruña, Turkía, que toma o relevo do proxecto radiofónico Zapping, e dende o que Txury Ferrer e Antón...

Turkía
Hoxe dan comezo as emisións do novo magazine nocturno de Localia Coruña, Turkía, que toma o relevo do proxecto radiofónico Zapping, e dende o que Txury Ferrer e Antón Lezcano buscarán facernos rir de luns a xoves ás 22:00 horas.
Para estar ao día do que alí cocen podemos facernos seareiros da súa páxina en Facebook.
Ora ben, agora que temos apagamento analóxico na Coruña, ¿cómo podemos ver o programa? Existen varias opcións:
1- Se vivimos nunha zona con cobertura da TDT que recibe o sinal do emisor de Bailadora (Ares) podemos sintonizar Localia Coruña sen problema.
2- Se a nosa antena está orientada a Penamoa comentan que esta semana é posible que Localia Coruña incorpore as súas emisións dixitais a este emisor.
3- Se temos R, aínda que xa non pillemos R en analóxico nin na oferta dixital de R, si é posible recibir Localia Coruña a través da TDT que achega esta plataforma. Ou sexa, que se conectamos un receptor de TDT na toma de antena de R (en vez de á toma de televisión do noso edificio) podemos sintonizar a canle para poder seguir sen problema Turkía.
4- Se ningún dos xeitos anteriores de recepción é aplicable a nós, podemos optar por agardar a que publiquen os programas na Internet. Mirarei de informar puntualmente desta posibilidade.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS