Eduardo Ozores (de Ubalda) comentoume por correo electrónico que en SoloStocks estaban a vender algo moi orixinal: un chisqueiro de coche cunha pitilleira adaptados para unha bahía de 5¼”.
A idea do trebello non sería empregalo só coma sistema de acendido de cigarrillos, senón que tamén se podería empr
egar para conectar dispositivos adaptados para o seu uso no automóbil, o que me parece unha auténtica animalada pois se ben a voltaxe do acendedor e da fonte de alimentación do ordenador son iguais (12 V) a potencia que pode chegar a subministrar un coche pode ser moi elevada, e iso non lle viría nada ben ós compoñentes do PC, ¡por non falar do mal que lle fai a calor ós equipos! Ou sexa, que ter algo que a súa función principal é quentarse non parece moi atinado.
Esta orixinal trapallada a venden os de Comaher, que teñen unha web que é para darlle de comer aparte. ¿Alguén pagaría 18 euros por un chisme que pon en perigo a integridade do seu PC? Supoño que hai xente para todo.
Debe estar conectado para enviar un comentario.