Dis Is Di End bai De Vois of Galisia

Quedei un chisco impactado hoxe (¡ignorante de min!) ao ver a nova sobre as Festas de María Pita que publican en La Voz de Galicia: O nome da banda...

Quedei un chisco impactado hoxe (¡ignorante de min!) ao ver a nova sobre as Festas de María Pita que publican en La Voz de Galicia:
The Ellas estarán nas Festas de María Pita
O nome da banda de Luis Tosar (que actuará o 17 de agosto na Praza de María Pita) está deturpado na edición impresa e na dixital, por partida dobre, aparecendo aparece como Di Ellas (no pé de foto) e Di Elas (no texto). El acabose. Dis Is Di End. 😀
ACTUALIZACIÓN: Como pode verse nos comentarios, a banda de Luis Tosar, Piti Sanz, Iván Laxe, Suso Alonso e Ro Muñoz responde agora ao nome de Di Elas.

Curiosidade aparte, ao final non vexo que as festas deste ano sexan moito peores que en anos anteriores. Vaia, que coido que xa hai bastantes anos das grandes actuacións no Orzán de The Cure, Simply Red ou Joe Cocker, aínda que non me importaría que volvesen a repetir algún concerto de tal nivel na praia (de feito, tampouco vexo que estean a destacar os concertos de pagamento no Coliseum).

E para despedir o momento nostáxico-rosmón, supoño que estaría ben pór un par de vídeos de The Ellas aínda que só sexa para mandar unha forte aperta a Piti Sanz:

My Name Is Luca é o tema de referencia de The Ellas, pero non podo rematar sen pór parte da actuación da formación musical na Sala 600 de Melide:

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS