A Policía non é parva, só paréceo

Onte, ao viagra professional sairmos da gravación do programa de radio Banda Ancha comentáronnos que acababan de recibir unha nota de prensa na que a Policía anunciaba que viña...

Manuel Vázquez coa carate de Guy Fawkes
Onte, ao viagra professional sairmos da gravación do programa de radio Banda Ancha comentáronnos que acababan de recibir unha nota de prensa na que a Policía anunciaba que viña de «desarticular a cúpula da organización hacktivista Anonymous en España», ao que reaccionei con estupor. Entendín que estaban a interpretar mal a nova, pero cando puiden ler o comunicado oficial quedei a cadros. ¿Cómo é posible que se identifique a cúpula dunha organización que nin ten membros fixos nin está xerarquizada?
Algún responsable da Brigada de Investigación Tecnolóxica (BIT) tiña delirios de grandeza, e quería compara a Anonymous con ETA, o que non ten ningún sentido, pois considerar que o vandalismo na Rede é un acto terrorista é perder totalmente a perspectiva da realidade.
A cousa era tan surrealista que en pouco tempo xa podían lerse en Twitter comentarios coma o seguinte, no que se refire á famosa cúpula:

La policía detiene a Miguel Ángel, máximo responsable de la cúpula del Vaticano #cupulasinexistentesless than a minute ago via web Favorite Retweet Reply


Tamén se facía burla sobre o da identificación dos Anonymous:

La policía requisa todas las ediciones de “El lazarillo de Tormes”, porque su autor es Anonymous #cupulasinexistentesless than a minute ago via web Favorite Retweet Reply


Para rematar que cagala, aos responsables da BIT non se lles ocorreu outra cousa que dar unha ridícula rolda de prensa na que quedaban como auténticos ignorantes:

Que un dos policías comece confundindo DoS con SOS xa é a hostia, e que o mesmo fulano salte comentando que se a alguén dos Anonymous volve facer algo na Rede vano estar a vixiar xa é totalmente absurdo. Lembra a eses comentarios que se facían hai anos de que «a Policía non é parva», pero o problema é que con representantes así ¡paréceo! Eu non me sinto nada seguro, especialmente ao ver que están a presumir dunha auténtica chuminada. Segundo eles mesmos comentan, aínda non se demostrou nada (¿cómo é que a palabra presunto non aparece nin unha única vez no seu comunicado?), e o famoso servidor desarticulado non é un potente equipo dende o que se lanzasen ataques a escala global, senón a hospedaxe ¡dun chat! Non é que os de Anonymous vaian a montar outro servidor de chats mañá, ¡é que hai chats a milleiros por todo o mundo aos que poden recorrer para intercambiar comentarios! Ou sexa, que a grande operación policial non é máis que unha anécdota.
Chats
O que entendo de todo isto é que un policía infiltrouse nun dos chats de Anonymous, o que é sumamente doado, pois non esquezamos que trátase dun grupo aberto e moito menos anónimo do que dan a entender (distintos medios publicaron entrevistas a membros do colectivo nos últimos meses), e recompilou información para intentar identificar a alguén dos que lanzaban ataques distribuídos a certos obxectivos. Finalmente identificaron ao responsable do chat (que é moi posible que saia impune do asunto por limitarse a ser un prestador de servizo da Sociedade da Información) e a 2 participantes, e está por ver que cheguen a demostrar a súa responsabilidade nalgunha intrusión informática. Ou sexa, que ao final é moi posible que todo queda en nada, como todas esas operacións nas que pechan páxinas de P2P e despois os xuíces determinan que non existe delito algún. As forzas de seguridade do estado están a facer un ridículo espantoso na comunidación do seu traballo, dando a imaxe de contar con Mortadelo e Filemón nas súas filas.

Non me cabe dúbida de que teñen que contratar a un asesor de imaxe xa, especialmente despois de que o comisario da BIT da Policía Nacional fixera un ridículo espantoso ao aparecer en público portando unha máscara de V de Vendetta incautada, o que valeulle múltiples retoques fotográficos moi merecidos:
Anonymous como puedas
¿Imaxinades unha rolda de prensa sobre unha detención de etarras nos que aparecese un guardiacivil cun pasamontañas na man como proba? ¿Non sería ridículo? Pois se miramos o material que incautou a Policía Nacional aínda podemos botar unhas risas:
material incautado
Suponse que a Policía incauta o material relativo á execución de supostos delitos pero, ¿entón por que fanse cunha simple careta que o único que fai é representar unha ideoloxía ou incluso o gusto por un cómic ou unha película? Vou comentarlle ao meu amigo David que teña coidado coa súa máscara de Guy Fawkes, non vaia a entrarlle a Policía na casa por sospeitar que é un membro de Anonymous.
Tamén é bastante absurdo que consideren a un dos detidos un perigoso hacker con grandes coñecementos informáticos porque descubrion que na súa casa había un exemplar da revista @RROBA (todos sabemos que para aprender a lanzar ataques informáticos en vez de buscar información na Internet vas ao quiosco).

Se se deixasen de caralladas e perseguisen á xente que comete delitos serios na Internet estariamos todos máis tranquilos. Tamén estaría ben que para falar en público, en vez de pór a xefes que non saben do que falan, deixasen aos profesionais de verdade falar do seu traballo. Non é a primeira vez que vexo a un ente público (e tamén a algunha empresa) facer o ridículo por deixar falar en público nunha presentacion ou nun congreso a un director que fala de oídas.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS