Fallo organizativo en Viñetas desde o Atlántico

Para comezar teño que dicir que agradezo moito o esforzo da organización de Viñetas desde o Atlántico destes últimos 12 anos, por dar vida ao que para min é...

Debuxo de Álex Cal para La Voz (recollido por Culturagalega.org)
Para comezar teño que dicir que agradezo moito o esforzo da organización de Viñetas desde o Atlántico destes últimos 12 anos, por dar vida ao que para min é a mellor semana do ano, pero non podo evitar criticar o grande fallo organizativo desta edición, pois esta tarde fun ata os Xardíns de Méndez Núñez para descubrir que o certame non comezara realmente, pois non había nin casetas nin conferencias. Sentinme defraudado, e non era o único, pois no tempo que estiven alí a xente non paraba de preguntar onde era Viñetas, e a todos se lles respondía que comezaba mañá.
Non sei por qué anunciaron que comezaba este luns (coma sempre) cando este ano ía ser diferente a cousa. Se mañá abren as casetas e comezan as charlas, ¿por qué non puxeron nos carteis que comezaba a feira o día 11 para evitar confusións? Porque a feira non son as exposicións (que incluso están abertas durante bastantes días máis).
O peor de todo foi que esta mesma mañá na prensa e na radio falaban de que hoxe comezaba todo, e o único sitio no que atopei cómo ía ser a cousa de verdade foi na web de CulturaGalega.org, na que indican claramente o seguinte:

A Coruña acollerá entre o luns 10 e o domingo 16 de agosto a décimo segunda edición do Festival Viñetas desde o Atlántico.
As charlas cos autores comezan o martes 11, non o luns 10. As casetas de venda tamén abren o día 11.
O luns 10 ás 19:30 prevese celebrar a inauguración oficial no Kiosko Alfonso, e a seguir poderanse ver as exposicións.

Por desgraza, lin ese texto a posteriori. ¿Por qué non foron así de claros no resto de medios de comunicación? ¿Por qué non había ningunha información oficial advertindo do cambio de datas? Sei que todo ten unha explicación, pero tiñades que ver a rapaciña lectora de manga que estaba laiándose porque ao comezar un día tarde a feira… ¡non se alongaba un día máis! (admito que foi unha risa).
De todos os xeitos, un mal comezo non indica un mal evento, e coido que esta edición vai ser bastante boa, pois teñen moi boa pinta as exposicións, e algunha conferencia vai ser moi interesante.
A ver se hai sorte e mañá chegan exemplares do Hexed de Emma Ríos, para poder levarllo a asinar á autora despois da súa charla con Álex Cal. Será ás 19:45 horas no Kiosko Alfonso.

ACTUALIZACIÓN (11-8-2009): Publican en La Voz que as exposicións de Viñetas desde o Atlántico abren hoxe. Se onte non había nin exposicións, nin casetas, nin charlas… ¿qué había para dicir que comezara a feira?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Colección friki dun espectador da Galega

    Hai uns días déuseme por recompilar algunhas das películas e series de televisión en DVD, figuras, e outras curiosidades que teño por casa para demostrar que criarse vendo a...
  • San Diego Comic-Con, tráilers a mogollón

    Unha ano máis a Comic-Con de San Diego confirmou que xa non é un evento centrado na banda deseñada, senón na industria do lecer en xeral, de xeito que...
  • Unha semana para Wonder Woman

    A primeiros de mes estreouse nunha chea de países o filme de Wonder Woman, polo que levo moitos meses esperando con ilusión, principalmente para poder comprobar se queda esperanza...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...