Non teño bola de pitonisa nin son Rappel e, de feito, tendo a equivocarme nas predicións políticas, pero como ten certa graza xogar a adiviñar o futuro, gustaríame dar a coñecer o resultado que penso que van ter as eleccións e animarvos a que compartades as vosas predicións nos comentarios.
Para comezar habería que facer repaso dos resultados de anos anteriores:
Municipais 2007 | Municipais 2003 | Municipais 1999 |
PP: 6 (2.443 votos – 45,58%) BNG: 6 (2.158 votos – 40,45%) PSdeG: 1 (499 votos – 9,31%) CIDEGA: 0 (213 votos – 3,98%) |
PP: 7 (2.758 – 53,51%) BNG: 4 (1.428 – 27,71%) PSdeG: 2 (913 – 17,71%) |
PP: 9 (3.034 votos – 59,2%) BNG: 2 (894 votos – 17,44%) DG: 2 (858 votos – 16,74%) PSdeG: 0 (293 votos – 5,72%) |
Entendo que os datos non van seguir en progresión, e que vai haber un cambio de rumbo, polo que apostaría a que a cousa vai quedar así:
PP: 7 – BNG: 5 – PSdeG: 1
Para tal predición non me baseo nin nos meus desexos nin nun balance do goberno municipal, senón dunha sensación que teño. Podo estar moi errado, pero coido que neste momento as forzas do bipartito están en retroceso na meirande parte de Galicia, e aínda que moitas das cidades galegas o PP quedará lonxe de poder gobernar, en Melide parte dunha posición forte (cun chan moi alto) e un pequeno incremento de votos chegaríalle para a maioría absoluta.
¿Será a cousa tan predicible? ¿Manterase a relación de formas actual? ¿Teremos algunha sorpresa? Agardo os vosos comentarios.
ACTUALIZACIÓN: Nos comentarios as distintas predicións son as seguintes:
Nome | PP | BNG | PSdeG |
Marcus | 7 | 5 | 1 |
Os teus ollos | 8 | 3 | 2 |
Gaioso | 6 | 5 | 2 |
Marga | 7 | 5 | 1 |
Marius | 7 | 4 | 2 |
Le Courbosier | 6 | 6 | 1 |
Dnoe | 6 | 7 | 0 |
Ensaimada | 6 | 6 | 1 |
María | 5 | 7 | 1 |
Un | 7 | 5 | 1 |
Xesús | 5 | 7 | 1 |
Alkius | 8 | 5 | 0 |
María Sen Batería | 8 | 5 | 0 |
Xorpion | 8 | 4 | 1 |
Ana López | 0 | 11 | 2 |
Lagharto | 5 | 6 | 2 |
Melide | 6 | 6 | 1 |
Pitoniso | 7 | 5 | 1 |
Suso | 5 | 7 | 1 |
Xiglesias | 7 | 5 | 1 |
Josiño | 6 | 6 | 1 |
Samurai | 5 | 7 | 1 |
Vaidecaral | 8 | 4 | 1 |
Noite | 7 | 5 | 1 |
Mikel | 5 | 7 | 1 |
Arzuán | 5 | 7 | 1 |
Flauter | 4 | 8 | 1 |
Carmen | 5 | 7 | 1 |
Pedro | 5 | 7 | 1 |
Luis | 7 | 5 | 1 |
Os teus ollos (muller) | 9 | 4 | 0 |
ACTUALIZACIÓN (20-5-2011 ás 23:52 horas): Atendendo aos resultados desta mini-enquisa, teriamos unhas medias de PP: 6,13, BNG: 5,84 e PSdeG-PSOE: 1,03, ou sexa, que repetiríase a actual composición do Goberno municipal, aínda que o domingo xa saberemos os resultados da única enquisa que importa.
Debe estar conectado para enviar un comentario.