O outro día pasóuseme o encontro dixital de Manuel Prado, candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía melidense, en El Correo Gallego:
Manuel Prado
Candidato por el PSOE a la alcaldía de Melide
Boas tardes a todos. Saúdos a todos os internautas que nos están seguindo nesets momentos. Espero que coas miñas respostas poida aclararlles as dudas que plantexaron nas preguntas que formularon durantes estes días.
Ainda que ahora pactas co BNG. Caberia a posibilidade de que poideses pactar co PP? (pregase en concreto SI ou NON)
Non hai posibilidade de pacto co Partido Popular, porque son dunha ideoloxía contraría. Paréceme que terían que haberse gañado esa confianza durante catro anos, nos que estiveron alonxados da realidade de Melide, cunha crítica irreal e pouco constructiva.
Que opinas da Depuradora??? ¿¿¿De que se firmou unha obra que non estaba rematada como di o PP??? . Se foi asi….¿Donde estan metidos os cartos da depuradora?
Dado que o caso está no xulgado de Arzúa, no que estamos citados a declarar o vindeiro 25 de maio os cinco membros da Xunta de Goberno Local de Melide, non procede opinar. Corresponderalle ao xuiz dictar sentencia e aclarar toda a problemática da depuradora.
Decir que os cartos non están nas arcas do Concello de Melide.Hola tocayo!! en primeiro lugar quero darche as gracias polo moito que fixeches pola Avenida de Toques que estaba moi abondonada…
A miña pregunta é a seguinte : ¿que medidas económicas e políticas pensas adoptar para que Melide non siga perdendo poboación e poida incluso acercarse os 10.000 habitantes?
Un saúdo e moitas gracias
Para acercarse aos 10.000 habitantes hai que adoptar algunhas medidas, como poden ser a de empadronar de oficio a moitos veciños que viven en Melide e que non están empadronados.
Temos que seguir potenciando o Camiño de Santiago, que é unha fonte de ingresos importante, e tamén hai que seguir mellorando o comercio local para que sexamos un potencial de referencia de toda a comarca. Entre outras medidas.Vista a situación interna do seu partido na localidade que representa, e que a parte do partido que se opoñía a que vostede fose candidato foi excluída da lista, por non querer formar parte da mesma, ¿Plantéxase deixar a posición que ocupa no PSDG no caso de que os resultados non sexan os que se esperan?
Todos os compañeiros de partido estiveron a miña disposición, pero entendía que tiña que haber unha renovación importante, e así se fixo.
En canto aos resultados, espero que sexan moi favorables para o Partido Socialista. En todo caso, as decisións tomaranse a partir do día 22 de maioPodría decirme, como máximo responsable municipal en cuestiones relativas al empleo,cuántos puestos de trabajo ayudó a crear el Concello? Imagino que se habrá quedado sin palabras, pues el único puesto que ayudó a crear (de forma torticera) se tuvo que rectificar a los 5 días por presión ciudadana¿me equivoco o no?
O Concello non ten competencias para crear emprego fora da propia administración local, senón que corresponde ao goberno da Xunta de Galicia dictar as políticas de emprego.
En canto a súa afirmación da presión ciudadana, non houbo tal. Houbo unha rectificación por parte do goberno local e optamos por readmitir á persoa en cuestión.En Melide está constuída unha agrupación de Xuventudes Socialistas, ¿porqué ningún dos seus membros figura na lista que vostede encabeza? ¿cal é o motivo de que, de ofrecérllelo, rexeitaran tal posibilidade?
As Xuventudes Socialistas son independentes no seu organigrama do propio Partido Socialista. E, por diferentes motivos, non podían participar activamente a hora da campaña electoral, polo que se considerou que os xóvenes terán outras oportunidades para desenvolver a súa actividade política máis adiante.
¿De donde sacou o persoal que leva este ano na lista?, xa que a remodelou totalmente.
Todos os membros da nosa candidatura son cidadáns de Melide e teñen as mesmas oportunidades que calquera. Buscamos xente honrada, sencilla e traballadora para conformar a lista. E cumplindo este perfil, para mín é suficiente para levar a cabo o desenvolvemento do noso programa durante os vindeiros catro anos e ter opcións a conseguir gobernar en Melide.
¿Qué medidas va a impulsar su gobierno para paliar la crisis del sector agroganadero?
Para mellorar o sector agrogandeiro temos que potenciar a agricultura ecolóxica, tentar que todas as explotacións sexan cada día máis grandes para reducir os costes de producción, traballar en concentracións parcelarias privadas co fin de que poidan producir certos persos e forraxes sen ter que depender tanto das cooperativas.
No concello de Melide leovuse a cabo unha concentración parcelaria privada na parroquia de Xubial, cuns resultados moi positivos para os veciños. E esta liña será a liña de traballo nos vindeiros catro anos.¿Chegará algún día a autovía ata Santiago? Os novos levamos caseque toda a nosa vida agardando por esta infraestrutura
En este ano está previsto que se saque a licitación a redacción do proxecto de execución. A partir de ahí veñen os prazos administrativos correspondentes para adxudicar a obra, o que ocurrirá a medio prazo. Dada a situación económica pola que estamos atravesando todos os países, e a que España non é allea, está condicionando un pouco o avance desta infraestructura tan importante para o pobo de Melide.
Unha vez que esté operativa será un aliciente para que os veciños de Santiago ou de Lugo nos poidan visitar e disfrutar dos alicientes do noso municipio.¿Podería chegar a pactar con Partido Poluar? ¿cómo valora a convivencia política co BNG durante estes anos?
Sobre as posibilidades de pacto co PP xa respostei antes.
A convivencia política co BNG durante estes castro anos valoraranna os veciños de Melide o vindeiro 22 de maio. Non obstante, creo que con este pacto quen gañou foi o pobo de Melide, xa que se traballou moito, en moitos proxectos e fíxose un traballo que está ahí para ver e valorar.Despois de todo o que pasou co Conservatorio de Música, ¿qué medidas ten previsto impulsar para revitalizalo? ¿Vai recuperar a Orquesta Sinfónica de Melide?
A Orquesta Sinfónica de Melide non se vai recuperar. Dado que para Melide é un luxo, económicamente insostible. Pero sí vamos a seguir potenciando unha banda de música popular coa baseformada por profesores e alumnos do conservatorio, sen desbotar a participación externa de gran importancia, como medidas de apoio á propia banda.
¿Qué pasa no polígono industrial? ¿qué vai pasar aí?
O polígono industrial tiña algunhas deficiencias na primeira fase que foron subsanadas cando se urbanizou a segunda fase. Necesita unha estación de depuración, así como mellorar a seguridade dentro do recinto do polígono. Hai que facer as xestións necesarias ante Xestur para que o valor do suelo descenda, co fin de que as empresas que se queiran instalar teñan un aliciente engadido. Entendemos que, na actualidade, o prezo é elevado, e reducindoo favoreceríamos a instalación de máis industria no polígono.
¿Qué medidas vai impulsar para aproveitar o paso do Camiño de Santiago?
Unha das medidas será que haxa plazas suficientes nos albergues, tanto no da Xunta coma no municipal. Faremos as xestións necesarias para que Melide sexa final de etapa, porque confluyen dous camiños: o de Oviedo e o Francés.
Prestaremos asesoramento ao sector da hostelería, e outros, para dar o mellor servizo a todos os peregrinos que pasen, ou poidan parar e hospedarse en Melide.Fágame un prognóstico ¿pensa que o PSdeG vai a seguir sendo chave de goberno?
O PSdeG preséntase a estas eleccións municipais con moita ilusión e gañas de traballar. Os veciños de Melide decidirán en qué posición imos quedar e cal vai ser o noso papel na próxima lexislatura. Tanto podremos ser nós a chave como ser a lista máis votada e que outros sexan a chave.
¿Por que houbo tanta polémica durante estes catro anos cos traballadores municipais, con sentencias xudiciais que condearon ao concello? ¿Cando vai cambiar esta situación?
Nos vindeiros catro anos teresa que revisar a relación de postos de traballo quedando esta moito máis clara para que todos os traballadores sepan as súas funcións dentro do organigrama do concello. A situación durante os últimos catro anos, con estas sentencias, viñeron de xente que remataba o seu contrato, non se lles renovaba porque entendíamos que deberían concorrer a unha oposición, o que non fixeron no seu momento, cando entraron a traballar no concello.
¿Vaise recuperar o famoso concurso de miss Galicia 3º idade?
Non se vai recuperar o concurso de Miss Galicia Terceira Idade. Non nos parece idóneo este evento. A xente xubilada ten moitísimas actividades nas que disfrutar, pero con esta en concreto non estamos dacordo e non se volverá celebrar.
O sector rural, base na economía do concello,¿cales son as medidas que vai tomar para impulsar este sector?
Además das xa mencionadas na resposta oito, quero destacar que deberíase estar en cooperativas para compartir, por exemplo, a maquinaria da zona rural. Non entendemos que nunha misma aldea haxa moitos tractores e outra maquinaria que están parados a maior parte do ano, creando un grave problema na economía dos seus propietarios.
Despois de ver a desfeita que fixo a alcaldesa co tema da depuradora vostedes non só a seguiron apoiando senón que agora se ven entre os imputados, ¿cómo defende esa actuación da alcaldesa e o papel que xogou vostede mesmo?
Xa comentamos na resposta dúas algo moi relacionado con este tema. Reitérome no que dixen antes. O feito de estar imputado e que teña que ir a declarar o día 25 a Arzúa, non significa que sexa culpable, e así se demostrará, dado que eu non tomei decisión algunha con respecto á depuradora. A decisión saliu de un decreto de alcaldía e, posteriormente, informou a Xunta de Goberno Local da decisión tomada. Polo tanto, esperaremos a que o xuiz dicte sentencia e despois opinerei con outra base.
Hai varias sentenzas contra o Concello de Melide por despìdos improcedentes. Desde o papel que xoga no goberno e desde un partido que conta con un sindicato, ¿qué lle parece ese ataque ós traballadores? Se unha empresa fixera eso mesmo seguro que UGT xa a tiña crucificado. ¿non cree que hai dúas varas de medir?
UGT é unha central sindical independente. Se non actuou neste caso e non denunciou será porque non o considerou oportuno. De feito, UGT foi crítico co Concello de Melide cando se negociou o incremento de horas na limpeza nos edificios públicos. Polo tanto, non hai dúas varas de medir.
Estou seguindo a sua entrevista. E a pregunta dos cartos da depuradora. Vostede contesta que non estan nas arcas do Concello. Pero entonces donde estan os cartos que o PP di que se mandaron para a depuradora???
Os cartos non están nas arcas do concello de Melide. Cando se recibiron, devolveronse ao organismo correspondente que os mandou ao concello de Melide.
Moitas grazas a todos por seguir dixitalmente este encontro. Espero que se aclararan todas as dúbidas plantexadas e se non é así, podedes dirixirvos ao Concello de Melide onde gustosamente ampliarei a información que solicitedes.
O vindeiro luns teremos a Soqui Cea, candidata do BNG, noutro encontro dixital en El Correo Gallego.
Debe estar conectado para enviar un comentario.