Este luns é o mitin do PSdeG-PSOE en Melide

Hoxe pola vila resultoume curioso ver un par de carteis anunciando eventos que van ter lugar nos vindeiros días: Por unha banda temos que o luns ás 21:45 horas...

Hoxe pola vila resultoume curioso ver un par de carteis anunciando eventos que van ter lugar nos vindeiros días:
carteis en Melide
Por unha banda temos que o luns ás 21:45 horas no Colexio Público nº 1 vai ter lugar o mitin do PSdeG-PSOE, no que intervirán José García Penas, membro da candidatura municipal, Silvia Fraga, deputada autonómica, Salvador Fernández Moreda, presidente da Deputación de A Coruña, e Manuel Prado Puga, candidato á alcaldía de Melide.
Pareceume raro que o resto de partidos non tivesen carteis anunciando cadanseu mitin, simplemente polo feito de que o domingo é cando pasa pola vila moita xente das aldeas, e é unha boa ocasión para comunicar a data e o lugar deste tipo de eventos.

Pero o máis curios de todo foi descubrir que a vindeira fin de semana vai estar o Circo Richard Bros actuando na vila, ou sexa, que van coincidir as eleccións co circo. Moitos considerarán esta coincidencia premonitoria 😉

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS