Menuda sorpresa levei hai uns minutos ao ver que Ángeles Vázquez, candidata popular á alcaldía de Melide, está a participar nun encontro dixital na páxina web de El Correo Gallego (cando remate actualizarei esta entrada):
Ángeles Vázquez
Candidata a la alcaldía de Melide por el PP
Boas tardes, agardo respostar coa máxima claridad posibles as vosas preguntas. Empezamos
Cres que conseguiras a maioria absoluta. No caso de non conseguila obtarias a opcion de pactar??pactarias co PSOE? poderias chegar a pactar co BNG?. (pregase resposta clara. SI ou NON)
As enquisas augúrannos un bo resultado, en todo caso o día 22 será o día definitivo. Agardo conseguir a maioría absoluta.
Non pactei hai catro anos e tampouco o farei ahora. Entendo que debe de gobrenar aquel partido que obteña o maior número de votos, aínda que a lei da a posibilidade de pactos cando non hai maioría absoluta. Sentiríame moi a disgusto gobernando se non acadara esa maioría suficiente. Polo tanto queda totalmente descartado un pacto de goberno con ningún dos dous grupos políticos.En que te basaches para cambiar tanto a lista con respecto a outra lexislatura?? Non crees que non pensaches moito en buscar e incluso levas xente na lista que anteriormente, sabese claramente foi de outros partidos, e incluso os seus familiares nunca votarian o pp. Non cres que esa xente poderia perxudicarte e sacarche incluso votos dos votantes do pp?
A hora de facer unha lista intentas que nela se concilie a experiencia con novas incorporacións. Repiten dúas persoas que foron na anterior lista e que estiveron de concelleiros o longo destes catro anos, e o caso de Santos López e Dolores Gómez, dous grandes traballadores aos que lles importa melide, e que sen dúbida van aportar moito en caso de que obtivéramos o goberno.
Outras das persoas que tamén vai na lista é María Jesús López Mourón, que ao ir de número sete nas pasadas eleccións non tivo a posibilidade de formar parte do grupo municipal. É unha persoa que estivo no goberno conmigo e que na área que levou se deixou a piel.
A partir de ahí procurei formar un grupo de persoas traballadoras, honradas e capaces, no que temos un comerciante, un empresario, unha mestra, un empregado de banca, dúas gandeiras, entre outros. Todos eles dominan unha materia distinta e a min tócame ser a directora da orquestra. Orquestra na que cada un toca un instrumento, pero todos unha mesma partitura.¿Qué proyectos tienes para el conservatorio de música, tanto a nivel académico como promocional, además me gustaría saber que programa cultural pensáis desarrollar. Un afectuoso saludo y mucho ánimo
O conservatorio de música sobrevive a duras penas dende que saiu do goberno o Partido Popular. O número de matrículas descendeu considerablemente, e, a maiores, intentouse por parte do bipartito que desaparecera a Orquesta Sinfónica. Non o conseguiron, pero si conseguiron acabar coa banda municipal.
A pesares de todo isto, a partida orzamentaria é moito máis elevada ahora mesmo, sen orquestra e sen banda, que cando gobernaba o Partido Popular.
Loitaremos para poñer o conservatorio de grado medio no lugar que lle pertence e que Melide recupere aquelo que nunca debeu que perder.
Dentro do programa cultural o PP ten claro que apoiará as distintas asociacións que fan unha labor digna de admirar. Temos que destacar o teatro, grupos musicais, entre outros.
O funcionamento do centro sociocultural é un obxectivo que cumpriremos de inmediato e, a partir de ahí, todos os melidenses dirán que esta foi unha gran inversión para Melide. O igual que no seu día o foi o palacio de congresos e exposicións, tan criticado polo BNG e que ahora mesmo eles non deixan de utilizar.¿Qué opinión lle merece o ocurrido coa depuradora do polígono industrial, pola que están imputados membros do actual goberno, por certificar unha obra que non se chegou a facer?
Son das persoas que non creo na xudicialización da política. Se ben é certo que no caso da depuradora, de non facer a denuncia pertinente seríamos cómplices do que cremos que é un delito. Non se pode consentir que os políticos fagan leis para despois non cumplir. A ningún particular lle deixarían certificar unha obra para recibir unha subvención e que esa obra non se levara a cabo. No caso da depuradora foron 437.000 euros certificados como gastados nunha obra, na que se deu orden de pago por parte da alcaldesa, que contou posterormente co beneplácito da Xunta de Goberno Local, a pesares de ter os informes en contra dos técnicos municipais.
A día de hoxe esta obra aínda non se comenzou, e a pesares de que Socorro Cea di por activo e por pasiva que non recibiu nin un só céntimo da Xunta, nós podemos demostrar que se recibiron máis de 200.000 euros que posteriormente tivo que devolver con 15.000 euros de intereses de demora.
Conclusión: en política non todo vale.Anxeles, nin os simpatizantes nin os veciños estamos dacordo con ésta candidatura tan negativa¿.De quen foi a idea de elaborar ésta lista, que tanto está dando que falar?
O Partido Popular de Melide está formado por unha morea de xente. É a primeira vez, dende que se coñece a candidatura, que alguén me di que non está dacordo con ela.
A lista foi elaborada e consensuada por un grupo de persoas, entre as que se encontraban os actuais concelleiros do PP. Eu entendo que debedes de darlles tempo para coñecer a valía de todos e cada un dos seus integrantes.
Despois de que Feijóo prometese rematar coa "crisi" (como lle chama el) en Galiza en 45 días, en cantos días promete vostede rematar coa crise en Melide?
Entendo que Feijóo está realizando unha boa labor e agardo ter a mesma valentía para acometer en Melide os mesmos cambios que el realizou despois de coller unha Xunta totalmente desfasada en gastos.
No caso de Melide debemos de reducir, polo menos nun 30 por cento os gastos dos políticos, realizar unha auditoría, a que tanto lle teme o bipartito, e a partir de ahí empezar a traballar arreo.
Falar de crise é sinónimo de desemprego, e Melide pasou de ter 400 desempregados no ano 2007 a 700 na actualidade. Se ben é certo que non podemos atribuir este feito tan só aos responsables políticos locales, o que si vos podo asegurar é que non souberon aproveitar en absoluto as posibilidades que lle ofreceu a Xunta de Galicia. Quero lembrarlle que foron incapaces de conseguir un só obradoiro de emprego. Feito inaudito xa que todos os municipios limítrofes contaron con obradoiros.Xunto con esto todos somos coñecedores de que hai licencias paralizadas de vivendas unifamiliares dende hai máis de dous anos. O que supón que nin o promotor invirta e, polo tanto, non teña traballo tampouco o electricista, o fontaneiros, albanel, e todo o sector relacionado coa construcción.
Esta foi a gran contribución que o bipartito fixo ao desenvolvemento de Melide. A paralización dun pobo. E senón que llo pregunten aos 39 propietarios do SAU Martagona que teñen sen desenvolver unha zona moi importante de Melide por deixadez da alcaldía.Fai 4 anos fun votante d BNG. Vivo nunha parroquia melidense e ntendo q o rural nn lle deb nada a stes 4 anos d goberno bipartito. Tampouco ós 3 anteriores q vostede gobernou. q propostas presenta para convencerm d q ll dea o meu voto? q servizos s compromete a impulsar nas nosas parroqias, tndo n conta q ningunha delas tn saneamento nin traida de augas municipal, entre outras muitas deficiencias
Melide ten 26 parroquias e son o motor dinamizador do concello. Nelas vive a metade da poboación. O primeiro que faremos e que todos os veciños que así o desexen teñan conexión a internet, cousa que actualmente non sucede. E non será por non ter empresas en Melide que dan ese servizo e que a maioría dos concellos de Galicia os están contratando. O que non entendemos e como Socorro Cea, a pesares de ofrecerselle este servizo non quixo saber absolutamente nada del.
Temos que apoiar a implantación de empresas de transformación de productos do sector primario, intentando dinamizar a economía do noso rural. De feito que non teñamos que estar dependendo todos do sector lácteo e gandeiro. Así como poñer en valor os nosos montes.
Quedanos un traballo moi importante en canto a traída de augas e saneamiento no rural. Que iremos facendo en función da demanda veciñal e das posibilidades económicas.Ao seu entender: cales foron os catro principais acertos do actual goberno e os catro principais erros? Faga a mesma valoración da actuación do PP na oposición durante esta lexislatura. Grazas
Sería incapaz de falar de un so acerto do goberno actual. Non foron capaces de sacar adiante o PXOM, a pesares de quedar feita a súa redacción. Destruiron parte da residencia da terceira idade para poñer en marcha un centro de día que debería estar ubicado ao carón, pero nunca dentro desa residencia. Prometeronnos un centro de discapacitados que tan so foi un titular en prensa. Unha galescola da que tan só quedou unha maqueta, entre outras moitas cousas.
O PP intentou facer unha oposición constructiva, tendendo a man para resolver moitos dos problemas que foron xurdindo ao longo deste catro anos. Foi imposible, xa que se nos privou en todo momento de información. E o respeto institucional brilou pola súa ausencia. Se ben é certo que dende que goberna o PP na Xunta de Galicia apostamos pola remodelación do albergue, polo impulso da Orquestra Sinfónica, pola apertura da primeira planta da residencia e por apoiar as asociacións.
Vostede é deputada no Congreso dos Deputados dende fai uns meses, ¿que aportacións conseguiu para Melide dende a posición que agora ocupa?
Impulsei iniciativas, xunto cos deputados galegos, para que o Goberno central puxera en marcha os contratos homologados co sector gandeiro. Por outro lado fixose un seguimento da autovía Lugo-Santiago ao seo paso por Melide, seguimento que non está dando os froitos que a mín me gustaría ao retirarnos o ministro de Fomento o 90 por cento do presuposto do tramo da autovía. Na actualidade tan so contamos con 99.000 euros e para vindeiras anualidades non hai nin un só céntimo presupostado. Esta é unha das loitas que seguirei mantendo.
Tendo n conta q a Casa d Cultura foi derrubada gobernando o PP, q sendo vostede rxidora aportous gran investimnto a tal obra e q o bipartito seguiu invertindo grandes cantidades a dita obra, ¿q opinión ll mrec a situación na q s atopa dito edificio? era necesario derrubala sabendo q staba n bo stado e axeitábase ós fins aos q se adicaba? e sabedora da cantidad invertida e do q falta pra rematala?
Melide dispoñía dunha casa da cultura que se quedaba pequena. De ahí que se impulsara un proxecto de remodelación co fin de conseguir que todos nos sentíramos máis cómodos. Como toda obra que se precie tivo os seus inconvintes, dos cales foron conocedores de primeira man Socorro Cea e Manolo Prado cando eu era alcaldesa. Debería estar rematada e cando así se faga todos nos sentiremos moi orgullosos dunha gran obra para Melide. Eu quero o mellor para o meu pobo e endexamais direi que unha obra non é a axeitada para Melide por considerar que é faraónica.
Non te das conta que un votante do pp pode cambiar o seu voto pero un de esquerdas nunca cambia o seu voto. Non cres que nos estas ofendendo un pouco os votantes do pp metendo xente de outras ideoloxias nas listas???
Na lista do Partido Popular van persoas que creen en min, que creen no meu proxecto e que creen no Partido Popular. Neste partido cabemos todos e se hai persoas que cometeron o error de votar ao BNG ou ao PSOE noutras eleccións e se deron conta de que por ese camiño iban mal, benvidos sexan ao Partido Popular.
Ola veciña:
O PP ten a sede en Melide na avenida da Habana. En dita rúa, a pesares de ser céntrica, préstanse uns servizos totalmente deficientes por parte do concello, entre elas, a maraña de cables que calquer día provocan un incendio ou algo peor. ¿Qué pensas facer ó respecto?O Partido Popular deixou aprobado e presupostado un proxecto para a eliminación de barreira arquitectotónicas na avenida da Habana. O bipartito decidiu non levalo a cabo. Creo que é o primeiro que debemos facer nesta rúa.
En canto ao cableado teremos que chegar a un acordo coas empresas eléctricas para que, a través de convenios con Industria, se proceda ao soterramento dos mesmos.Recentemente o Concello recibiu unha suvención para cambiar o alumeado do centro do pobo. Este cambio foi duramente criticado polo seu partido…Se vostede recibise esa suvención, ¿Cambiaría o alumeado ou perdería os cartos por non recibir críticas da oposición?
O bipartito decidiu cambiar as farolas do centro da vila a través dos cartos do Plan E, polo cal non estaban obrigados a levar a cabo esta actuación. Con estes cartos, poderíanse ter executado outro tipo de obras. O problema foi que primeiro se cambiaron ás bombillas decindo que non cumprían coa normativa vixente. O cabo duns meses percataronse de que os máis de 280.000 euros invertidos nesas bombillas non daban o resultado axeitado e houbo continuas protestas por parte dos melidenses, polo que decidiron cambiar as farolas e, polo tanto, a inversión anterior foi totalmente nula. No cambio de farolas deronnos a entender que tampouco complían coa lei, e agora estanas poñendo en rúas que eles consideras de segunda categoría e, por enriba, con bombillas blancas.
Que adejtivo le merece gastar más dinero en despidos improcedentes y costas judiciales que en promoción económica de Melide?
Endexamais podrei entender que certos políticos se dediquen a despedir á xente e que eses despidos teñan que ser pagados cos impostos dos melidenses porque un xuiz os considera improcedentes. Foron 7 condenas xudiciais que nos custaron a todos máis de 50.000 euros. En algún caso pagouse o despido e tívose que volver a contratar ao personal. Sen embargo non se presupuestou nin un só céntimo para política activas de emprego.
Penso que non hai adxetivo para acometer tal atropelo.
Por que el bipartito le tiene tanto miedo a la auditoria economica externa y por q ue nunca hizo pulbico el informe economico de la diputacion?
Descoñezo por que Socorro Cea e Manolo Prado non fixeron público o informe económico da Deputación, aínda que non hai que ser moi listo para percatarse de que ese informe delata a cantidade de enganos aos que tiveron sometidos ao longo destes catro anos aos melidenses.
O informe da Deputación é taxante. Nel faise un estudio económico dende o ano 2006 ata o 2009. No estudio apreciase que o Partido Popular deixou menos de 500.000 euros en facturas sen recoñecer e pouco máis de 1 millón de euros de débeda bancaria.
A 31 de decembro do ano 2009 tíñamos 1.800.000 euros en facturas sen recoñecer e 2.400.000 euros de débeda bancaria. Pedimos en varias ocasións unha auditoría, porque somos coñecedores de que na actualidade se nos está ocultando a realidade económica do concello, que xa a podemos calificar de miseria económica. Somos dos concellos que máis débeda contraeu nos últimos 3 anos. E seguiremos pagando obras, que na actualidad xa están inservibles, ata o ano 2022.De todolos xeitos o primeiro que faremos cando cheguemos ao goberno é unha auditoría para saber co que contamos e como están, na realidade, as arcas do concello.
Vostede dixo que a empresa ía cortar o alumeado nos centros públicos de Melide por falta de pago, e ao día seguinte a alcaldesa presentou un escrito da empresa negando a súa afirmación. Quén minte? Non cre que xa é hora de que os políticos se dediquen a solucionar os problemas dos cidadáns en vez de perder o tempo en liortas só para saír nos medios de comunicación?
O Partido Popular pode demostrar con papeis que o día 12 de abril a empresas local que sumistra electricidade ao concello presentou un escrito no cal se pedían os intereses de demora de 320.000 euros da débeda que ten contraída o Concello con dita empresa. As facturas sen pagar remóntanse a xullo do 2009. Nese mismo escrito, que é trasladado tamén á Delegación da Consellería de Industria, advírtese de que de non solventarse o problema económico, en catro meses, tal e como establece a lei, procederíase a facer os cortes dos alumeados públicos. Polo que non hai dúbida algunha de quen minte neste tema.
Este luns tivemos unha xunta de voceiros na que a alcaldesa o único que lle preocupaba era de donde sacara o Partido Popular a información, pero non foi capaz de darnos a coñecer cal é a débeda que ten contraída con Fenosa. E decir, en luz, Melide, ao día 12 de abril, debía 320.000 euros a empresa local e non sabemos canto a Fenosa. Imaxinádemos cal é a situación.
¿Cuáles son sus propuestas económicas para generar empleo en Melide durante la próxima legislatura?
Para xerar emprego o primeiro que temos que facer é sacar adiante o PXOM e dotar a Melide de máis chan industrial ao carón do actual polígono industrial. Non se entende que a segunda fase do polígono industrial duplicara o prezo da primeira, pasando de 35 euros o metro cadrado a 60 euros na actualidade.
Que planes tiene para los grandes olvidados del actual gobierno, la juventud?
Os xóvenes teñen que ser unha parte activa da política, e a formación e primordial. Temos que conseguir ampliar o número de ciclos formativos. Na actualidade tan so contamos con un, cando temos un instituto no que están matriculados máis de 800 alumnos. Temos un telecentro que debemos utilizar co fin de prestar servizos aos xóvenes e tamén formación.
cales foron os motivos polos que o pp decidiu denunciar por vía xudicial a depuradora do parque empresarial?
Porque, como xa dixen anteriormente, de non facelo seríamos cómplices dun delito.
que faría vostede de recuperar a alcaldía ?
Un novo organigrama do personal do concello, axilizar a administración o máximo posible, atender por igual a todos os veciños e veciñas, non gastar máis do que temos, intentar dar o maior número de servizos posibles aos melidenses. Servizos que co paso do tempo se deben de mancomunar con outros concellos co fin de que nos resulten máis baratos.
¿Pode demostrar vostede a debeda existente cando se foi e a recente do bipartito?
Remítome ao informe que fixo a Deputación da Coruña, que o temos a disposición de todos os que o queiran ver na sede do PP e no blog do Partido Partido. Quero recordar que os técnicos da Deputación son imparciais e o goberno non é do Partido Popular.
En canto a débeda actual acabamos de recibir o informe da conta xeral do ano 2010 no que, por parte da interventora municipal, dan a coñecer os datos con data 31 de decembro de 2010. Neses datos segue sendo a débeda bancaria de 2.400.000 millóns de euros e o importe das facturas sen recoñecer ascende a 1.300.000 euros.
que opinión le merece a usted que el teniente de alcaldesa opinara ayer que la orquesta sinfónica era un lujo para Melide y es por eso por lo que no se recuperaría?
A Orquestra Sinfónica non é ningun luxo para Melide. O luxo para Melide é ter catro dedicacións exclusivas, unha asesora de comunicación, un asesor xurídico, un asesor musical e 500.000 euros en soldos anualmente máis que o que viña pagando o Partido Popular.
En vista de que nos últimos anos o Concello de Melide incrementou a súa débeda bancaria e os axustes orzamentarios que teñen lugar nas administracións públicas co gallo da recesión económica, ¿pensas que o futuro goberno municipal vai ter difícil por estar hipotecado? ¿Ou ves o vindeiro mandato con optimismo?
Os vindeiros catro anos non van ser doados, e imos ter que facer o Camiño de Santiago moitas veces co fin de que as distintas consellerías fagan un esforzo polo noso concello, xa que os melidenses non teñen culpa algunha da pésima xestión económica que ao longo dos últimos catro anos se levou a cabo.
Creo que se pode facer moito estando ben organizados, tendo claro o que queremos, xa que contamos coa Xunta de Galicia e agardamos poder contar tamén coa Deputación.
É certo que pouco se pode facer co presuposto propio, xa que anualmente contamos cun orzamento de 6 millóns de euros e preto de 4 millóns son de débeda. Incrementouse considerablemente a partida orzamentaria do capítulo 1 (o destinado a personal) e tamén o gasto corrente.No caso de ser alcaldesa: manterá o soldo que ten agora Socorro Cea, moito máis baixo ca o que cobraba vostede, ou subirá esa cifra asignada ao cargo de alcaldesa?
Anteriormente dixen que reduciría nun 30% os soldos destinados aos políticos. O meu soldo era de 1 céntimo máis que a secretaria do concello. Na actualidade non temos un soldo de alcaldesa, senón que temos dous soldos de alcaldes: un o de Socorro Cea e outro o de Manolo Prado. Esto supón que o bipartido está dedicando a soldos dos alcaldes máis de 50.000 euros por enriba dos que tiña destinados o Partido Popular.
O goberno do Partido Popular vaille sair bastante máis barato ao pobo de Melide que o do bipartido
Gustaríame ter constestado a morea de preguntas que enviaron os internautas ata hai uns poucos minutos, pero o tempo non nos da para máis. Grazas por estar ahí.
Promete acceso á Internet nas aldeas, dubida sobre o tramo melidense da autovía Lugo-Santiago e critica duramente ao goberno municipal actual. Con estes alicerces a campaña electoral promete.
ACTUALIZACIÓN: Hoxe mesmo o Partido Popular anunciou que a vindeira fin de semana presentará oficialmente os seus candidatos á vila:
Presentación da candidatura do PP de Melide
Domingo 1 de maio
ás 21.00 horas
Na sala PalladiumIntervirán:
Ánxeles Vázquez (candidata a alcaldía)
Ana Pastor (deputada nacional no Congreso)
Beatriz Mato (conselleira de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia)
e outros membros da candidatura.
O Carlos 96, a Palladium… unha mágoa que a Casa de Cultura non estivese rematada a tempo para acoller este tipo de actos.
Tamén veño de fixarme no cartel do PP de Melide:
Agardo que nas rúas non poñan esta versión, senón unha que estea rotulada en galego e que non deturpe o nome da candidata.
Debe estar conectado para enviar un comentario.