O iPad 2 segundo Conan O'Brien

O retorno televisivo de Conan (O’Brien, non o bárbaro que vén de estrear cartel animado da súa nova película en 3D) nos EE.UU. ten coma consecuencia que poidamos gozar...

O retorno televisivo de Conan (O’Brien, non o bárbaro que vén de estrear cartel animado da súa nova película en 3D) nos EE.UU. ten coma consecuencia que poidamos gozar de vídeos que podemos encumbrar coma bo humor se non fose porque porque no caso da parodia que fan do iPad 2 é o máis semellante a unha crítica realista que podemos ver na web:

Si, así sería o anuncio do iPad 2 se os de Apple fosen un chisco máis arrogantes. En verdade a xente está a tolear por un produto cunhas cámaras perralleiras, que ten versións en 2 cores (a min o marco branco lémbrame excesivamente aos tablet barateiros de fabricación chinesa) e que é un pouco máis delgado e lixeiro. É un trebello que non vai revolucionar o mercado coma fixo o seu predecesor, e para min o máis destacable do iPad 2 é que agora podemos facernos cun iPad vello de 16 Gb por 329 euros (cando ata hai pouco había que pagar preto de 500 euros por un). De seguro que os competidores están a tolear, pois non poden competir con eses prezos (principalmente porque non poden compensalos cos beneficios da App Store e iTunes).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS