As mozas frikis tamén precisan amor (e un desparafusador sónico)

A rapaza canadense Amy Lee Radigan parece querer converterse na musa de moitos frikis ao publicar en YouTube o vídeo musical do seu tema Nerdy girls need love too...

Amy Lee RadiganA rapaza canadense Amy Lee Radigan parece querer converterse na musa de moitos frikis ao publicar en YouTube o vídeo musical do seu tema Nerdy girls need love too (as mozas frikis tamén precisan amor), no que non aforra en referencias ao Doutor Who (e ao seu desparafusador sónico), ao Batman da Galega, Star Wars, Star Trek… ¡e The Big Bang Theory!
O frikerío do tema parece algo forzado (supoño que Amy Lee é menos friki do que quere aparentar coas súas camisetas retro), pero a canción ten o seu aquel:

desparafusador sónicoSobra dicir que non me sinto nada identificado co tema, pois é non preciso de ningún desparafusador sónico (sempre levo un no abrigo… ¡e non é coña!).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS