17 Xaneiro, 2011
Na serie de televisión The IT Crowd hai unha coña recurrente sobre o feito de que a co-protagonista, xefa do departamento de TIC, non sabe o que significan esas siglas, pero agora chega o actor que interpretaba a M. A. Barracus en El Equipo A, e que chegou a ter unha serie de animación co seu nome na TVG, e aprópiase dunha destas letras:
¡Menudo WTF! ¿Non si? ¿Teremos que chamar agora Mr. TIC ao carismático loitador da WWF que chegou a enfrontarse a Rocky Balboa na grande pantalla? Coido que os de Hitachi están algo toliños ao anunciar os seus sistemas de virtualización dese xeito, pero supoño que aos afeitos á publicidade xaponesa resultará incluso normal. 😉