A tele que vén (¿a tele que ven?)

Nacho de la Fuente vén de publicar o seguinte vídeo no seu blog: E eu, ao ver iso de NOVA só podo pensar en que La Voz de Galicia...

Nacho de la Fuente vén de publicar o seguinte vídeo no seu blog:

E eu, ao ver iso de NOVA só podo pensar en que La Voz de Galicia ten rexistrada a marca NOVA 9 dende hai pouco máis de 3 anos. Agora que chegou hoxe o apagamento analóxico a media Galicia, ¿estamos máis preto do lanzamento oficial da canle autonómica de TDT de La Voz de Galicia?
Na web de Zinquin Audiovisual (autores do vídeo) din que o cliente é Medios Dixitais, o que entendo que é para non dar pistas. Supoño que en poucas horas falarase máis do tema, pois entendo que buscan é dar que falar antes da campaña promocional tradicional.

ACTUALIZACIÓN (2-2-2010): Bit confirma que estamos ante a promo da canle de TDT de La Voz, coma podemos ver no blog de vTelevision, no que Fernanda Tabarés, subdirectora do proxecto televisivo, explica o seguinte:

Primera conexión con el ciberespacio
En sentido estricto, ésta es la primera conexión de Vtelevisión con el mundo. Asomamos hoy la patita de un nuevo proyecto de comunicación impulsado por la Corporación Voz. La galaxia McLuhan resuena en nuestras cabezas con toda su artillería!!! Resulta difícil no dejarse intimidar. Pero, ante todo, mucha calma. Somos gallegos, somos jóvenes (en realidad estamos en pleno chute de oxitocina, si esto fuera un parto), somos modestos, somos independientes, pretendemos ser modernos y fabulamos con la convicción de que otra televisión es posible. Porque, sí, estamos hablando de televisión… para entendernos, porque, ¿tiene algo que ver esto de la TDT con aquellas primeras imágenes que el 28 de octubre de 1956 llegaban a los 600 televisores (ni uno más) que entonces había en España (todos en Madrid, por cierto) y que pasan por ser la primera retransmisión televisiva de la historia? Va a ser que no. Por el camino, el ser humano inventó Internet, una avalancha de proporciones cósmicas que, para irritar a los apocalípticos, no ha hecho más que enriquecernos. Comunidad, red, interacción, participación… todo estos conceptos nos los ha regalado la aldea global y con ellos queremos jugar esta apasionante partida de póker que hoy iniciamos y en la que iremos soltando cartas para conseguir el mejor juego. Al otro lado del tapete, queremos que estéis vosotros. Para que quede clara nuestra vocación, arrancamos en el ciberespacio. Nos gusta Internet, nos gusta la tecnología y nos gusta lo que siempre ha hecho la Corporación Voz, buscar historias y contarlas.

Vaia, que dá a impresión de que queren levar o espírito da Web 2.0 á TDT. Se finalmente o nome é vTelevisión, aínda que arriscado, é mellor que Nova 9 (pois xa existe Antena.Nova) e que TeleVoz (que sona a carta de axuste na televisión analóxica local). Estaremos atentos.

ACTUALIZACIÓN (2-2-2010): Con data do vindeiro xoves (¿?) está rexistrado na OEPM o que podería ser o logotipo de vTelevisión:
logotipo de vTelevisión
¿Demasiado semellante ao de Cuatro? (dígoo polo circuliño vermello)

ACTUALIZACIÓN (3-2-2010): vTelevisión vén de estrear páxina en Facebook e conta de Twitter. ¡Van coma motos!

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Jon Secada no Luar

    E se Jon Secada fose un youtubeiro?

    O 13 de setembro foi un día moi especial na Televisión de Galicia xa que volveu á grella da programación o programa Luar contando coa presenza excepcional de Jon...
  • Novo viral da TVG

    Na Televisión de Galicia hai momentos que pasan á historia, como cando en 2007 ao reporteiro Alberto Mancebo unha nena nunha gardería espetou un sonoro «nos pegan» ou cando...
  • Un mundo infernal

    Unha das series de televisión de máis éxito da miña infancia foi Dragones y Mazmorras, da que incluso puidemos ver adaptación en banda deseñada da serie e incluso unha...