Un videoclip con texto moi vivo

O deseñador Jarrett Heather está a impresionar a moitos colegas a nivel mundial grazas ao seu traballo, pois conseguiu crear un vídeo musical realmente incrible para a canción Shop•Vac...

O deseñador Jarrett Heather está a impresionar a moitos colegas a nivel mundial grazas ao seu traballo, pois conseguiu crear un vídeo musical realmente incrible para a canción Shop•Vac de Jonathan Coulton mesturando marcas e tipografías:

Este traballo é pouca broma, pois Heather tivo que dedicarlle preto dun milleiro de horas de traballo con distintas ferramentas (Photoshop, Illustrator, After Effects, Premiere e Toon Boom Animate) para crear esta peza de arte na que o texto cobra vida dun xeito moi orixinal, e que pode converterse en todo un hit en YouTube (aínda que polo momento apenas leva uns centos de reproducións, pese a saír en Boing Boing). De todos os xeitos, coido que xa é un clásico instantáneo para todos os afeccionados ao mundo das tipografías e os logotipos.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Videoxogos de papel

    A nostalxia ten moita forza, e de cando en vez serve de inspiración para fermosas marabillas, como o vídeo de Eric Powers no que fixo un repaso da historia...
  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Jon Secada no Luar

    E se Jon Secada fose un youtubeiro?

    O 13 de setembro foi un día moi especial na Televisión de Galicia xa que volveu á grella da programación o programa Luar contando coa presenza excepcional de Jon...
  • Novo viral da TVG

    Na Televisión de Galicia hai momentos que pasan á historia, como cando en 2007 ao reporteiro Alberto Mancebo unha nena nunha gardería espetou un sonoro «nos pegan» ou cando...