G33k & G4M3R Girls (Mozas Frikis)

Dende onte non podo quitar da cabeza unha canción super-mega-friki que aparece nun videoclip protagonizado por Seth Green (coñecido tanto polo seu papel en Buffy coma por facer de...

A xente que intervén no videoclip de G33k & G4M3R Girls
Dende onte non podo quitar da cabeza unha canción super-mega-friki que aparece nun videoclip protagonizado por Seth Green (coñecido tanto polo seu papel en Buffy coma por facer de Scott Maligno nas películas de Austin Powers) e as mozas do Unicorm Team (Michele Boyd, Clare Grant, Milynn Sarley e Rileah Vanderbilt) con impresionantes cameos de Stan The Man Lee e Katee Sackhoff (a Starbuck de Battlestar Galactica).
A canción ten bastante mérito por estar a tope de referencias frikis das que de antemán admito que non pillo todas (non coñezo a Rand al’Thor, non visitei Hyrule, non entendo as expresións do WoW… aínda que agradezo que conserven na memoria a serie Firefly):

Ver letra ▼

Podedes descargar a canción en formato MP3 e cantala a todas horas (está mellor que o tema orixinal de Katy Perry), e deixo ao voso criterio se credes ou non que existen as mozas frikis que gustan dos videoxogos (pois moitos pensan que son quimeras).
Team Unicorn
Vale, que unhas mozas poñan disfraces da Baronesa (G.I. Joe), Mariposa Mental/Psylocke (X-Men), Hal Solo (Star Wars) e Lara Croft (Tomb Raider) é bastante friki, pero demostrar que están realmente na fariña é difícil de crer, polo que quedei un tanto sorprendido ao ver que a rapaza que fai de Mariposa Mental ten un videopodcast de videoxogos, a de Han Solo declara oficialmente a súa aficción aos videoxogos (o seu username en Facebook é GamerMichelle) e participou nunha webserie de culto (The Guild), a de Lara Croft está casada con Seth Green (¿friki por asociación?) e a da Baronesa tamén asegura ser xogadora habitual de videoxogos e protagonizou un popular vídeo inspirado en Star Wars. ¿Estamos entón ante auténticas modelos/actrices frikis? ¿Existen os unicornios? 😉

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS