O musical de Street Fighter

Frikadas veredes, que farán tremer as paredes. E coma mostra, aquí temos Street Fighter High: The Musical, un musical que colle cousas da saga de videoxogos de Street Fighter...

Street Fighter High
Frikadas veredes, que farán tremer as paredes. E coma mostra, aquí temos Street Fighter High: The Musical, un musical que colle cousas da saga de videoxogos de Street Fighter e das series de televisión musicais que están tan de moda actualmente (Glee, Highschool Musical…):

Teño que admitir que recibín con moito agrado esta obra despois de ver o malísimas que son as películas de Tekken e The King of Fighters que chegaron aos cines norteamericanos durante o presente verán, e que supoño que en España sairán directamente en DVD. Sen dúbida prefiro esta obra amateur que certas películas con orzamentos millonarios nos que non son quen nin de contar unha boa historia nin de amosar uns combates ben coreografiados.

Ah, e despois de ver o momento de Marvel VS Capcom neste último musical só podo esperar que decidan dar o mesmo tratamento a outros videoxogos. ¿Atreveranse con máis musicais de carallada?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS