Hoxe no Bos DÃas da TVG falei un anaco con Carlos Amado e Xesús Peleteiro das vantaxes da banca electrónica, incidindo na súa comodidade e seguridade:
Tamén falamos un anaco da novidade tecnolóxica da semana, o PlayStation Move:
Pode que sexa unha copia do Wii MotionPlus, pero Sony vai conseguir dárlle máis xogo que Nintendo, aÃnda que non teño nada claro que o tipo de usuarios da PlayStation 3 sexan os máis axeitados para este trebello. Ou sexa, que penso que o bo deste lanzamento programado para o outono por menos de 100 euros vai servir para captar a un novo público á PS3, aÃnda que cando vexamos as cartas de Microsoft igual o invento de Sony queda en mal lugar (o proxecto Natal promete moito).
Sobre o de que o PlayStation Move parece un xoguete sexual non é algo que diga eu, senón que nos foros especializados incluso alcuman o trebello coma cimbelshock (nome máis fino que pollaxis), o que resulta evidente se temos en conta a súa forma cilÃndrica, a súa punta redonda e vermella/rosa (en realidade, cambia de cor, pero nas primeiras imaxes predominaba a cor rosa) e o feito de que teña vibración… fai pensar moi mal a moitos.