Crossover entre Localia Coruña e Correo TV

Onte levei toda unha sorpresa ao ver que en Turkía de Localia Coruña facían referencia ao popular sketch da Asociación de Abducidos de Santiago de Compostela que apareceu no...

Onte levei toda unha sorpresa ao ver que en Turkía de Localia Coruña facían referencia ao popular sketch da Asociación de Abducidos de Santiago de Compostela que apareceu no programa Fu & Fa de Correo TV, e que rematou cunha mini-entrevista telefónica a Carlos Roma, que incluso fixo referencia a que vía o programa coruñés a través deste blogue 😉 (a partir do minuto 37):

Non esperaba que dúas canles de televisión local chegasen a cruzarse dese xeito, e gusto de ver que é así, pois indica que a competencia entre grupos de comunicación non é cancela para a colaboración.
E aproveito para saudar aos meus amigos en ambas canles. Bicos a todos.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS