O PP de Melide publica un boletín de novas

Dende o Partido Popular melidense decidiron recompilar os seus comunicados dos últimos meses en 24 páxinas con forma de xornal, o que normalmente resulta bastante efectivo para revitalizar o...

Dende o Partido Popular melidense decidiron recompilar os seus comunicados dos últimos meses en 24 páxinas con forma de xornal, o que normalmente resulta bastante efectivo para revitalizar o debate político local.
O boletín quedaría coma segue:

Non o vin en soporte físico, pero dáme a impresión de que o PDF que publicaron na Internet non adxuntaba as súas tipografías correspondentes, de aí a que teña unha maquetación bastante rara (sen aire nos titulares e con fotografías coas proporcións cambiadas). ¿Alguén pode confirmarme se os tipos de letra eran distintos en papel?

Pero se imos aos contidos, coido que o que vai dar máis que falar é a páxina 3, por aquilo de poder ver cantidades de gastos en concreto. A min hai algúns gastos que me resultan rechamantes polas súas descricións (coma El Consultor On Line, Promoción Novas Tecnoloxías ou Diseño Feira Informática), que non son moi ilustrativas, aínda que apostaría algo a que moitos van criticar os gastos en cañas, melindres e ceas que aparecen reflectivos (e que hai que admitir que son reducidos se os comparamos con calquera outro concepto facturado).

Vós, ¿destacariades algunha cousa do boletín? ¿Considerades preciso matizar a información publicada no mesmo?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS