Dende o Partido Popular melidense decidiron recompilar os seus comunicados dos últimos meses en 24 páxinas con forma de xornal, o que normalmente resulta bastante efectivo para revitalizar o debate político local.
O boletín quedaría coma segue:
Non o vin en soporte físico, pero dáme a impresión de que o PDF que publicaron na Internet non adxuntaba as súas tipografías correspondentes, de aí a que teña unha maquetación bastante rara (sen aire nos titulares e con fotografías coas proporcións cambiadas). ¿Alguén pode confirmarme se os tipos de letra eran distintos en papel?
Pero se imos aos contidos, coido que o que vai dar máis que falar é a páxina 3, por aquilo de poder ver cantidades de gastos en concreto. A min hai algúns gastos que me resultan rechamantes polas súas descricións (coma El Consultor On Line
, Promoción Novas Tecnoloxías
ou Diseño Feira Informática
), que non son moi ilustrativas, aínda que apostaría algo a que moitos van criticar os gastos en cañas, melindres e ceas que aparecen reflectivos (e que hai que admitir que son reducidos se os comparamos con calquera outro concepto facturado).
Vós, ¿destacariades algunha cousa do boletín? ¿Considerades preciso matizar a información publicada no mesmo?
Debe estar conectado para enviar un comentario.