Normalmente moléstame que exploten vellas series de televisión e películas para facer parodias pornográficas que teñen pouco de parodia e que simplemente buscan aproveitar unha marca para comercializar unha trapalla sen humor nin talento, pero é posible que a vindeira película deste sub-xénero faga que cambio de opinión, pues Batman XXX: A Porn Parody non só é unha versión porno senón que ata ¡parece un remake! Ou esa é a impresión que saco do seu trailer para todos os públicos:
O comisionado Gordon e Alfred parécense bastante aos actores orixinais, a Catwoman tamén ten un aire… posiblemente o que menos cola é que o actor que fai de Batman non está tan fondón coma Adam West 😉
A morriña provocada polo trailer lévame a facer 2 propostas:
1- que conserven a roupa, os decorados e o resto de material para facer unha secuela da serie de televisión orixinal, que agora que hai tantas canles na TDT de seguro que é posible atoparlle un oco
2- que alguén faga unha dobraxe da película ao galego para darlle realismo
Para rematar non podo evitar comentar que a imaxe do Joker pareceume super-friki por un par de detalles:
1- o Joker sostén un fásico de Star Trek (¿irá o conto de homenaxear a series clásicas da TVG?)
2- dáme a impresión de que antes de pintar a cara de branco, o actor que fai de Joker deixou medrar o bigote para parecerse máis a César Romero
¡¿É posible ser máis friki á hora de facer unha película porno?!
Debe estar conectado para enviar un comentario.