23 Abril, 2010
Hoxe comentamos lixeiramente no Bos Días o que é iso da realidade aumentada, tecnoloxía que cada vez vai ser máis común grazas á popularización dos móbiles con GPS e compás dixital:
De todos os xeitos, coido que o da realidade aumentada non vai quedar só en amosar información posicionada xeograficamente, senón que no futuro poderá combinar con sistemas de radiofrecuencia, recoñecemento de imaxes e outras tecnoloxías, coma xa facían os superguerreiros co seu visor en As Bolas Máxicas:
Agora só falta que alguén invente as cápsulas como as que facía o pai de Bulma e xa teremos unha auténtica tecnoloxía revolucionaria 😉