Hoxe no Bos Días falei un chisco con Carlos Amado e Xesús Peleteiro das repercusións que podría ter o novo Paquete de Telecomunicacións aprobado pola Eurocámara de cara á neutralidade de rede:
O tema pode dar para falar moito, pero o certo é que mete bastante medo que as operadoras poidan cobrarnos segundo o uso que deamos da Rede. Se intentasen algo semellante noutros ámbitos da vida a xente de seguro que montaba en cólera. Por exemplo, ¿aceptarías pagar máis na autoestrada se vas máis rápido porque o adxudicatario da vía argumenta que así gastas máis o firme? Ti xa pagas por ir pola autoestrada, e se outros condutores prefiren ir a 100 Km/h é o seu problema, pero non tería moito sentido que penalizasen a quen fose a 120 Km/h.
Pero a cousa podería non quedar cinguida a velocidades, senón que podería facer discriminacións segundo contidos e destinos, de xeito que aos usuarios de Telefónica podería cargarlles mellor a web de El Mundo que a de El País, ou a páxina de Telecinco que a de Antena 3, e cousas polo estilo que crearían unhas distorsións que a calquera pareceríanlle ridículas, pero que en calquera momento poderían chegar a aplicarse se os reguladores de cada país non toman medidas.
27 Novembro, 2009