Tertulia sobre a Internet coma servizo universal en RadioVoz

Esta mañá RadioVoz foi a emisora de radio máis tecnolóxica de España, pois de casualidade sucedéronse moitos contidos relativos á Internet e as TIC, como a miña sección de...

Esta mañá RadioVoz foi a emisora de radio máis tecnolóxica de España, pois de casualidade sucedéronse moitos contidos relativos á Internet e as TIC, como a miña sección de costume, un par de entrevistas e unha interesante tertulia na que participaron Miguel López (retomando os argumentos que defendeu no Bos Días), Javier Wicho Pedreira e Patricia Ferrol:


Eu reitero o meu parecer de que iso do servizo universal son palabras baleiras, e haberá que ver en qué substancian a futura lei que o regule, pois polo momento todo foi un falar. Gustei de comprobar que impera o consenso entre todos os consultados, e parece que calquera que entenda un pouco do tema xa está curtido de promesas incumpridas.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS