10 Novembro, 2009
Hoxe levei unha grata sorpresa ao comprobar que non só Santiago, Lugo, Vigo ou Coruña están accesibles a pé de rúa dende os mapas de Google senón que tamén as rúas de Melide poden visualizarse a través da Internet en 360 graos:
A cousa non remata aí, senón que tamén é posible acceder a esta funcionalidade dende móbiles coma o iPhone ou os terminais co sistema operativo Android, que coma contan con pantallas táctiles fan o servizo moito máis intuitivo, e moverse polas rúas é toda unha pasada.
Tamén é curioso o feito de que, aínda que Google difumine as caras para protexer a intimidade dos transeúntes, é doado recoñecer a veciños paseando pola rúa. Convídovos a facer tal, que é bastante divertido.