Melide progresa na Blogosfera

Lendo un artigo no que desacreditaban a aseguración e que Rajoy era máis popular nos blogs que Zapatero, cheguei a BlogPulse, un comparador do rebumbio que xeran certas palabras...

Lendo un artigo no que desacreditaban a aseguración e que Rajoy era máis popular nos blogs que Zapatero, cheguei a BlogPulse, un comparador do rebumbio que xeran certas palabras chave nos blogs, e probei cos nomes das vilas de Melide, Arzúa e Lalín co seguinte resultado:
Comparación da repercusión das vilas de Melide, Arzúa e Lalín na Blogosfera
Queda clarísimo que Melide está moito mellor posicionado que Arzúa na Blogosfera, mentres que Lalín, vila que triplica en poboación a Melide, só ten un reflexo lixeiramente superior na Rede.
Non creo que estes datos sexan moi fiables, pero gústame ver que Melide prospera na Internet, tanto na penetración da Rede nos fogares como na presenza da vila na web.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS