9 Novembro, 2009
A semana pasada a Axencia EFE difundiu unha nova na que no titular asegurábase que La UE acuerda que se podrá cortar el acceso a internet sin orden judicial
, baixo a máxima de non deixar que a realidade estropee unha boa nova. Así, Javier Wicho Pedreira xa explicou nun artigo que a cousa non era realmente así e hoxe levamos o tema a RadioVoz:
Queda claro que nin está aprobada a directiva que saíu na prensa, nin é certo que autorice o corte do acceso á Internet sen autorización dun xuíz. Pero ao final, rematamos falando máis do canon e dos dereitos de autor que de asuntos con máis trasfondo como a neutralidade da Rede e a banda larga coma servizo universal, que supoño que trataremos máis adiante.
A min continúa a resultarme máis molesto o feito de que as axencias de novas manipulen a realidade de xeito impune. Os medios de comunicación replican as súas novas porque entenden que están contrastadas, e que non corresponden a versións de parte que buscan ofuscar a percepción pública e meter o medo á xente para protexer a certos grupos de presión con evidentes intereses económicos.