Xa temos Popular TV Galicia a través da TDT

Dende o pasado día 9 de outubro, a través da mesma canle pola que entra en dixital a TVG aos nosos fogares, chega a Popular TV Galicia, cunha emisión...

Dende o pasado día 9 de outubro, a través da mesma canle pola que entra en dixital a TVG aos nosos fogares, chega a Popular TV Galicia, cunha emisión en pruebas, pois polo momento non conta con programación autonómica, senón que é unha simple redifusión dos contidos de Popular TV.
Velaquí unha proba das emisións:

Non é que Popular TV Galicia ofreza uns contidos moi atractivos, pero para algúns frikis coma min vai compensarlles a súa sintonización, posto que esta noite (a partires das 23:00 horas) botan o clásico El Señor de las Bestias, que é un sucedáneo de Conan con Marc Singer (o Mike Donovan de V).
Marc Singer é El Señor de las Bestias
Supoño que non verei a película (pois a teño en DVD… ¡mercada no desaparecido Día de Melide!), aínda que estou tentado a comprobar se censuran o momento no que aparece Tanya Roberts bañándose nun lago coas tetas ao aire 😉

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS