Bos Días aos lectores de libros electrónicos

Este serán no Bos Días da Televisión de Galicia falamos un pouco do que son os lectores de libros electrónicos (e-readers, que non e-books) co gallo do lanzamento internacional...

Este serán no Bos Días da Televisión de Galicia falamos un pouco do que son os lectores de libros electrónicos (e-readers, que non e-books) co gallo do lanzamento internacional do Amazon Kindle, dispositivo que non recomendo en absoluto, e do que hai alternativas máis prácticas inicialmente.

Nos últimos días xa tiña comentado algo dos modelos de lectores que podían mercarse dende España e de cara ao ano que vén vai mellorar moito o catálogo, tanto de dispositivos como de contidos, polo que os interesados en adquirir un trebello destes faría ben en agardar un chisco.
Do que non hai ningunha dúbida é que a polémica sobre os libros de texto que tivemos no inicio do curso académico en Galicia vai pasar á historia, pois parece claro que ese tipo de ferramenta educativa está obsoleta no soporte actual, e deberá mudar a formato electrónico, sexa a través de dispositivos de papel electrónico ou con pantallas tradicionais. Que os profesionais do sector editorial non digan que non están avisados.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS