Xa sei que cando critico artigos de prensa me poño un tanto rosmón, pero coido que pode resultar interesante analizar algunhas das afirmación que se fan nun artigo de Olga Suárez para La Voz de Galicia:
Pequeños y asequibles
Pon un miniordenador en tu vida: ligeros para navegar por la Red en cualquier lugar y con precios muy económicos.No sustituyen a los ordenadores portátiles ni a los de sobremesa; los ultraportátiles se han asentado en el mercado en un corto espacio de tiempo y han conseguido hacerse útiles por sí mismos sin desbancar a unos ni a otros. Tienen deficiencias conocidas, como su memoria limitada o la incomodidad de sus reducidas teclas y pantalla, derivadas ambas de su principal ventaja: en apenas un kilo de peso el usuario puede estar conectado en cualquier lugar. Además, sus económicos precios hacen de ellos un regalo perfecto para estas Navidades. ¿Cuál comprar? Algunas claves elegir el más adecuado en cada caso.
Del tamaño de los niños. Las marcas de ordenador han encontrado un filón en los niños como usuarios de los ultraportátiles: qué mejor forma de adentrarse en el mundo de la tecnología con aparatos adaptados a sus dimensiones. Tras entrenarse con el ordenador de pilas que ofrecen marcas de juguetes, como Fisher Price o Imaginarium, el siguiente paso está en los ultraportátiles. Teclas adaptadas a sus pequeñas manos, colores vistosos que elegir, e incluso marcas como Medion acaban de presentar un modelo ilustrado con la gatita más famosa del mundo: Hello Kitty.
Fieles a un sistema operativo. Si apuestas por el software libre, varios modelos incluyen el sistema Linux. Son más baratos y cuentan con las aplicaciones típicas de oficina, pero el usuario puede encontrar incompatibilidades con programas más específicos. Los nostálgicos del XP tienen suerte: Windows ha dejado de distribuirlo en portátiles y pecés de sobremesa, pero no en los más pequeños de la familia. Son más caros, tardan algo más en iniciase, pero son compatibles con todo tipo de programas y accesorios. Es el caso del Asus Eee Box, la evolución del primer ultraportátil del mercado, o el Akoya Mini de Medion.
Dimensiones: cambio de mentalidad. Si un usuario ya nota diferencias entre su ordenador habitual y el de otra persona, cuando se encuentra con un ultraportátil el cambio es más brusco a la hora de escribir. En los modelos con pantalla en torno a las 10 pulgadas, las teclas son fáciles de adaptar a la mano; pero según vamos bajando, la dificultad es mayor. Acer, HP o Medion han apostado por una mayor dimensión, con teclas un 20% más pequeñas que las de los portátiles; modelos de Asus o Airis resultan más incómodas para teclear para el público adulto. El modelo intermedio, por debajo del cual es incómodo escribir son los modelos con unas 8,9 pulgadas, como es el caso del Aspire One de Acer. Tamaño aparte, es importante que las pantallas incluyan retroiluminación LED, para optimizar el consumo de la batería, que ya de por sí es limitada. En general casi todos los modelos lo incluyen. Además, los fabricantes trabajan ya en la incorporación de tecnología táctil en estos aparatos, lo que los hará más atractivos en un futuro próximo.
Pequeños baúles de memoria. Los ultraportátiles no están pensados para guardar en su interior una gran cantidad de archivos ni documentos de gran tamaño. Se utilizan más para crear documentos de texto, hojas de cálculo o presentaciones de Power Point que para reproducir vídeos o películas; por lo tanto, no necesitan mucha capacidad, que obligaría a aumentar su tamaño y peso. Algunos modelos incluyen discos SSD, más resistentes pero con poca capacidad (entre 8 y 20 GB). Los 120 GB que ofrecen HP y Hacer son ideales para no verse escaso de capacidad.
Tiempo limitado de autonomía. La autonomía de la batería es uno de los aspectos que tener en cuenta al leer las especificaciones del modelo que se va a adquirir. Se trata una de las principales pegas de estos pequeños aparatos fáciles de transportar, pero que terminan dependiendo de una conexión. Los hay más sencillos, con tres celdas, cuya autonomía está limitada a un máximo de dos horas y media; la solución va desde adquirir una batería supletoria a decantarse por un modelo con seis celdas, que duplica la autonomía.
Interconexión. Por último, es importante asegurarse de que el aparato que se va a comprar cuenta con los puertos y salidas suficientes para USB y lectores de tarjetas. Además, es preferible que también incorporen webcam y micrófono integrados. Los tiene la gama Inspiron Mini de Dell, disponible en varios colores.
Non podo evitar pensar que o artigo parece un refrito, aparecendo marcas e modelos sen moito criterio (¿Por qué se fala do Dell Inspiron Mini al final? ¿Qué pinta o Asus Eee Box no artigo cando se trata dun equipo de sobremensa que se vende baixo a marca Eee?) aínda que se agradece que deixen clariño que os ultraportátiles non substitúen a ordenadores de sobremesa ou portátiles, senón que os complementan.
Sobre o tamaño, hai que destacar que agora o único modelo de ultraportátil que se pode aceptar con pantalla de 7 polgadas é o Classmate PC, pois está deseñado a proba de nenos (e non creo que haxe moitos pais que lle merquen un ordenador aos cativos, pois para algo están os equipos vellos). Os Asus Eee PC 701 é algo que non recomendo nin ao meu peor inimigo (a pantalla deixaranos sen vista e o teclado é imposible de utilizar para un adulto).
Hoxe a pantalla mínima dun ultraportátil debería ser de 8,9 polgadas, e eu recomendo as de 10, especialmente porque ese espazo extra que ocupan fan que habitualmente veñan acompañadas por uns teclados cómodos.
O tema do sistema operativo é unha milonga, pois os usuarios que mercan un equipo con Linux o fan para aforrar unha licenza de Windows e logo meten unha copia pirata do XP ou Vista (que aínda que non se comente moito, na meirande parte dos equipos vai igual que o XP en rendemento e autonomía). O Mac OS X tamén vai ben en moitos dos ultraportátiles, pero hai que mirar moito para atopar un modelo no que funcione case todo á primeira (e que non dea moito traballo instalalo) como boa parte dos clónicos do MSI Wind (coma o Medion Akoya Mini ou o Ahtec Lug N011). Polo momento o Linux é o peor sistema operativo para ultraportátiles por un detalle bastante sorprendente: disminúe a autonomía dos equipos de xeito considerable (sospeito que é porque non está optimizado para as funcións de aforro de enerxía que dependen de fabricantes que non publican as especificacións precisas para cambiar o asunto).
Sobre a capacidade de disco parece que o artigo está escrito hai meses, pois nos últimos tempos a cousa cambiou bastante, e en vista de que as unidades SSD que metían nos primeiros equipos eran moi lentas os novos ultraportátiles apostan por discos duros tradicionais de entre 80 e 500 Gb. Os argumentos a favor dos discos Flash son válidos, pero hai que agardar a que esa tecnoloxía madure para que poidan suceder aos discos duros.
Sobre o tipo de conexións, non é algo que preocupe a ninguén porque case todos os ultraportátiles teñen os mesmos conectores. Quizais a grande diferenza estaría no Bluetooth, que ven só na metade de equipos (polo que dependerá do uso que lle deamos ao equipo se iso inflúe, pois non esquezamos que o Bluetooth pode ser unha porta á Rede a través do móbil, o que nos pode interesar en momentos puntuais).
Pero se hai algo no que non estou dacordo é en dicir que os ultraportátiles teñen pouca autonomía. Precisamente teñen moita máis que os portátiles ordinarios, pero hai que saber facer as comparacións, pois non ten sentido contrastar o ultraportátil máis barato, que normalmente vén cunha batería de só 3 celas (o que dá entre 2 e 2,5 horas de autonomía), cun equipo de alta gama (que pode chegar ás 5 horas de autonomía). De feito, cada vez é máis doado atopar equipos con baterías de 6 celas e hai tendas que incluso venden unhas baterías monstrosas de 9 celas, polo que poderiamos chegar ás 5 horas de autonomía en equipos de prezo contido e superar as 7 horas con algún que outro ordenador (incluso coa batería de serie). Con esas autonomías os equipos xa serven para tomar apuntes en clase ou en congresos, aínda que teñen un problema bastante grande: o tempo de carga das baterías tamén é bastante lento (polo que se queremos facer un uso diario dunha batería de 6 ou máis celas, sería recomendable ter unha batería adicional, para deixar o equipo cargando pola noite, e ter así sempre unha batería que poder esprimir totalmente).
Un detalle nada insignificante que se esquece no artigo é a memoria RAM, que cambiou moito, pois os habituais 512 Mb de RAM xa pasaron á historia, e agora temos equipos con 1 ou 2 Gb. Neste último caso iso lle permitiría usar Vista de xeito moi satisfactorio. O recomendable é mercar o equipo coa máxima memoria posible, pois algúns fabricantes teñen a manía de soldar os chips de memoria, e logo as ampliacións son moi limitadas.
Rematadas as precisións sobre o texto publicado en La Voz, ¿qué recomendo mercar? Pois se temos un presuposto axustado, o equipo que me parece máis completo é o Packard Bell Dot que se vende na web do Carrefour por 339 euros (aínda non o vin na tenda física, pero supoño que chegará estes días, pois se trata dun modelo moi novo a un prezo moi bo) e inclúe 1 Gb de RAM, 160 Gb de disco duro, pantalla de 8,9 polgadas e batería de 6 celas (ou iso pon na web do fabricante) aínda que carece de Bluetooth.
Por 399 euros tamén podemos mercar un Ahtec Lug N011 con 2 Gb de RAM, 250 Gb de disco duro, Bluetooth, pantalla de 10,2 polgadas e batería de 3 celas (aínda que por 49 euros máis podemos optar pola batería de 6 celas, e deste modelo hai dispoñibles na Internet as brutais baterías de 9 celas para os usuarios máis esixentes). En PC City tamén venden a os ultraportátiles de Advent, que coma os de Ahtec, son clónicos dos MSI Wind, polo que se poden considerar os equipos máis equilibrados do mercado, coa vantaxe de que de cando en vez fan ofertas para liquidar os modelos vellos (que normalmente só cambian na capacidade de disco, pois case todos os ultraportátiles funcionan co mesmo procesador, o Intel Atom N270 a 1,6 GHz de xeito que resultan bastante indiferentes os cambios de modelo).
Adquirir un equipo MSI Wind (ou clónico) ten moitas vantaxes, pois hai moito soporte doutros usuarios na web, polo que podemos atopar versións do Mac OS X adaptadas, instruccións para modificar o seu hardware, detalles sobre cómo instalar certas distribucións de Linux, controladores de hardware… pero unha das cousas das que máis gusto destes equipos é o seu deseño externo, pois cando menos son equipos mate (as carcasas brillo que teñen os equipos de Acer e Dell quedan moi bonitas en fotos, pero despois de tocalas quedan marcadas as nosas pegadas, de xeito que os de CSI o terán moi doado para identificarnos). Os Asus Eee PC tampouco están mal, pero só na súa versión de 10 polgadas (probei os teclados das outras versións e son inmanexables).
De cara ao Nadal van chegar nosos modelos ás tendas, e algúns a prezos moi axustados, pero cos que aquí menciono xa poderedes ser capaces de detectar gangas e tomar unha boa decisión no caso de querer que os Reis vos agasallen cun destes trebellos, que non están pensados para calquera, pero que fan moito máis portable a Internet que nos teléfonos intelixentes (pois os teclados permiten unha maior interacción coa web).
Por último, véxome na obriga de precisar que a estes equipos lles chamamos ultraportátiles de baixo custo porque os anteriores ultraportátiles custaban máis de 1.500 euros, ou sexa, que o baixo custo é relativo, pois na práctica o seu prezo é igual que o dos portátiles medios (que custan entre 400 e 600 euros). Debemos esquecer así que estes cachivaches sexan portátiles baratos, e hai que pensar que se trata de equipos moi doados de transportar, que se poden levar sen grandes problemas a clase ou durante as fins de semana, ocupando moi pouco nas equipaxes e pesando pouco máis dun quilo (aínda que o seu rendemento non deixa de ser o correspondente ao dun ordenador de hai 3 anos, o que vale de sobra para moitos usos).
Debe estar conectado para enviar un comentario.