O PP de Melide: ¿a pedras co BNG?

Hoxe sae na edición dixital de La Voz de Galicia unha nova na que o PP de Melide denuncia que o BNG prometeu en 2008 unha galescola para a...

Hoxe sae na edición dixital de La Voz de Galicia unha nova na que o PP de Melide denuncia que o BNG prometeu en 2008 unha galescola para a vila que aínda está sen presupostar, e a fotografía que a acompaña fíxome botar unhas risas:
tirapedras en La Voz
Dan a entender que os populares andan a pedras cos nacionalistas 😉

Iso lémbrama que a Festa de Xogos Tradicionais da Terra de Melide tivo unha impresionante cobertura mediática, e tanto o trompo minúsculo coma o Campionato de Tirapedras sairon en boa parte da prensa galega, aínda que a cobertura máis curiosa foi a que fixo Nacho Mirás para o moblog de verán de La Voz, no que se puideron ver clips coma o seguinte:

Non sería unha vista moi espectacular do evento, pero si realista (publicar vídeo directamente dende o móbil non dá para máis).

ACTUALIZACIÓN: Na páxina web do Concello contestan á denuncia do PP, aínda que sexa cun cruce de acusacións.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS