Coma durante o Nadal o programa Bos Días da TVG tiña un formato especial, non contaron coa miña presenza, pero o pasado venres foi o meu retonno, tocando falar dos temas de interese das últimas semanas, coma o novo móbil de Google e a tecnoloxía que puido verse no CES de Las VegaS:
Coma colofón, tivemos ao xa famoso Amir García, quen arrasou no Xapón cantando a canción de As Bolas Máxicas en galego:
A min faríame moita máis ilusión que cantase a canción aquela de todo é moi fabuloso, misterioso, soñador…
, que é o sumum do frikerío Xabarín.
O vídeo de Amir suma xa máis de 100.000 reproducións en YouTube:
E a min resúltame especialmente curiosa a aparición no programa de televisión xaponés de Ichigo Mizuki, unha especie de Raphael xaponés que cantaba o tema orixinal de Mazinger Z:
Coido que foi a miña intervención no Bos Días máis friki da historia. Será difícil superalo.