Os radares tamén causan accidentes de tráfico

Hai tempo que levo agardando un momento para recomendarvos o blog que ten Isidoro Valerio (RadioVoz) na web de La Voz de Galicia. É un espazo dedicado á seguridade...

Isidoro no cocheHai tempo que levo agardando un momento para recomendarvos o blog que ten Isidoro Valerio (RadioVoz) na web de La Voz de Galicia. É un espazo dedicado á seguridade viaria e a outros asuntos relativos ás estradas galegas, de aí que e o seu nome sexa Voy a Cien, ou sexa, conducindo respectando os límites de velocidade.
Naceu en Blogger o pasado outono e só tardou uns meses en mudar á web de La Voz, en boa medida pola atención que captara en momentos puntuais (nevadas, accidentes na autopista…). E coma nos últimos meses publiquei fotografías de coches e camións accidentados no meu barrio, pareceume moi axeitado pór agora un vídeo que publicou Isidoro, no que pode verse cómo a freada dun camioneiro ante o disparo do flash dun radar (¡tarde piaches!) provocou un espectacular accidente:

Está claro que a culpa non é do radar, senón do condutor que frea de súpeto, pero o vídeo pode axudar a moitos a reflexionar sobre o que poden contar uns segundos na estrada.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS